30 de marzo de 2021

As mulleres facemos de todo: Dani e Carmen María

Dani, de 5º, entrevista a Carmen María, que é peixeira.

Para escoitalos preme no enlace.  

Dani e Carmen María.

As mulleres facemos de todo: Christian e Natalia

Christian, de 5º, entrevista Natalia, que é investigadora mariña.

Para escoitalos preme no enlace.  

Christian e Natalia.

Deseñando circuítos en papel

Na aula de Sexto continúan experimentando con circuítos. Deron un paso máis e probaron a deseñalos eles/as mesmos/as, partindo do que xa levan aprendido traballando sobre modelos dados. 

Idear o circuíto e o soporte, asegurarse de que funciona, poñelo en marcha...creatividade en acción! Entrade no blog de Sexto para ver como resolveron o reto.


28 de marzo de 2021

As mulleres facemos de todo

Foto: Ramón Dimas
A comezos de marzo pedimos a colaboración das familias para recoller información sobre o traballo das mulleres no mar e no campo. As achegas que recibimos son valiosísimas, pequenos tesouros da memoria do noso pasado máis próximo, que decidimos non fundir nun só programa, se non  convertir nunha serie de 16 podcasts, mantendo completas todas as entrevistas. 

Nestes 16 poscast, que titulamos As mulleres facemos de todo, palabras dunha das entrevistas, recóllense datos sobre o papel das mulleres da nosa contorna no mar e no campo, pero tamén léxico, expresións e fonética da nosa comarca e mostras da complicidade dos nenos e nenas do Brea Segade coas súas avoas, nais, tías, amigas... 

Este material vai ser traballado nas aulas nos vindeiros meses, aproveitando todos os recursos que as entrevistas nos ofrecen para facer traballo curricular en diferentes materias.

Compartimos hoxe a páxina da aula virtual na que están aloxados todos os podcasts, que iremos publicando individualmente ao longo da vindeira semana para que poidades ir descubríndoos devagar.

Grazas a todas a mulleres e aos nenos e nenas do Brea Segade que compartistes con nós tempo e saberes. 

Radio BBS: As mulleres facemos de todo.

27 de marzo de 2021

Radio BBS: entrevista a Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

Esta semana comezamos un novo tipo de podcasts na Radio BBS: As nosas entrevistas. Non puidemos comezar mellor!

O día do concerto 24 instrumentos populares galegos convidamos a Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero a achegarse á Radio BBS e participar nunha entrevista preparada polos axudantes da BBS de 6º. 

Grazas Suso e Xosé Lois, pola vosa amabilidade e por todo o que compartistes con nós ese día. 

Aquí tedes a ENTREVISTA

Non a perdades, veredes que interesante todo o que nos contaron.






Mochilas Viaxeiras 10

Saíron as Mochilas Viaxeiras para pasar a Semana Santa nas vosas casas. Xa imos rematando viaxe nalgunhas clases, os que aínda non a levastes tranquilos/as, xa falta menos!






Boas lecturas!


 

26 de marzo de 2021

Obradoiros con Paola Guimeráns: formación do profesorado

Pola tarde o profesorado tamén aproveitou a visita de Paola para seguir aprendendo e formándose en contidos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artística e Matemáticas). 

Grazas, Paola, por activarnos a tod@s, grandes e pequenos co teu entuasiasmo, e adentarnos nun mundo de novos recursos para aprender e  achegarnos ao coñecemento e á cultura. Foi un día ben completo, grazas! 😍




Obradoiros con Paola Guimeráns: Makey Makey

Primeiro e Segundo traballaron coa placa Makey Makey creando unha historia en banda deseñada. Usaron a robótica e a programación como recurso para traballar a creación e ilustración de historias. 

PRIMEIRO







SEGUNDO








E tamén houbo tempo de montar unha orquestra robótica! 😍 🎶🎵


 

Obradoiros con Paola Guimeráns: micro:bit

Esta semana tivemos a Paola Guimeráns de novo na BBS. Veu realizar obradoiros de programación con dúas placas diferentes. Estes obradoiros enmárcanse no proxecto Bibliotecas Creativas promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, do que formamos parte hai xa catro cursos e que deu lugar á creación do Espazo Argalleiro na BBS.

O grupo de 4º traballou con Micro:bit e papel, elaborando robots mariños para coidar e defender os nosos mares. Neste obradoiro integráronse obxectivos e contidos de robótica, programación, educación artística e desenvolvemento sostible. Deseñaron e crearon  mascotas robóticas descubrindo o funcionamento das placas Micro:bit e nocións basicas de programación. Robótica e programación ao servizo do medioambiente, o mellor enfoque posible!  Foi moi interesante, aprendemos un montón e quedamos con ganas de afondar nesta placa e as súas posibilidades. 





Xornal BBS 20

 

 E xa van 20 números!!!

23 de marzo de 2021

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero no Brea Segade

 

Hoxe foi día de festa no Brea Segade! 

Tivemos a sorte de asistir a un concerto fantástico no noso patio. Sabiamos que íamos a escoitar a dous dos mellores músicos da música tradicional galega, pero ademais o son foi moi bo e o día de encarga. 😎

Foi o primeiro acto para todo o colexio neste curso estraño e iso fixo que tivera aínda máis valor e que todos estiveramos especialmente contentos/as. A cultura é segura, tamén nos coles, e ademais é imprescindible para estes tempos nos que temos que renunciar a tantas cousas que nos alimentan o espíritu e o ánimo. Dar palmas e mover os pés e os corpos nas cadeiras fíxonos moito, moito ben. 

Grazas a Suso Vaamonde e a Xosé Lois Romero por este concerto que tanto nos gustou o co que tanto aprendemos. 

Grazas a Javi polo son, de concerto dos de verdade 👌

Grazas ao Concello de Rianxo por traer música e cultura aos colexios. 

Parabéns aos nenos e nenas do Brea por como vos portastes e como participastes. 




Xeografías lectoras: recunchos de lectura 9

Chegáronnos máis recunchos de lecturas e libros que vos gustaron das Mochilas Viaxeiras. Seguimos vendo que tedes espazos fantásticos para estar a gusto lendo e que as Mochilas foron moi ben recibidas e aproveitadas 😍 

Grazas a Manuel, Hugo, Carlota, Emilio, Carla, Froilán e ás vosas familias por compartilos con nós!