Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións

17 de febreiro de 2021

Poemas para construír a Paz

Ao longo do mes de xaneiro, o grupo de Valores Sociais e Cívicos de Sexto estivo creando pequenas montaxes en Stop Motion, partindo dos poemas da antoloxía Poemas para Construír a Paz que a BBS elaborou en xaneiro do 2020. Compartimos o resultado, catro vídeos que mostran a súa creatividade, os seus avances coa técnica de Stop Motion e o seu compromiso coa Paz.

30 de abril de 2018

Pensa, decide, opina, sé critic@...Le

Aquí van outras dúas curtas que tamén proxectamos na biblioteca o mércores pasado. Ironía con animais como protagonistas, historias que nos fan sorrir e tamén pensar.
Lambs de Filmbilder


Head up de Filmbilder

Imaxina, crea, soña...Le

Compartimos as curtas que proxectamos na biblioteca na tarde do 25 de abril, nos actos do Mes do Libro. Curtas e libros para soñar, imaxinar, pensar, decidir, sorprendernos, aprender, medrar... One by One de Lebo M, as imaxes e a música contan historias tan fermosas coma esta.

4 de decembro de 2017

Aventuras dunha caixa de cartón

Presentámosvos unha nova curta que Fran Gómez compartiu con nós no Obradoiro de fotografía e vídeo con móbiles. Desta vez é unha película feita en familia cun móbil, para animarnos e inspirarnos. Querer é poder!


The Adventures of a Cardboard Box from Studiocanoe on Vimeo.

27 de novembro de 2017

Lost property

No obradoiro de fotografía e vídeo con móbiles estamos vendo unha curta como remate de cada sesión. Son obras descoñecidas para a maioría dos que asistimos ao obradoiro, que nos están sorprendendo e gustando moito. Compartimos con vós a primeira delas, Lost property, para que tod@s pensemos un pouco sobre o valor da fotografía. 

Lost Property from Asa Lucander on Vimeo.