31 de marzo de 2019

Mochilas de primavera

Boas lecturas!

Libriño no Castelo da Lúa

Coincidindo coa marcha da nosa maqueta do Castelo da Lúa ao Salón do Libro de Pontevedra, Libriño decidiu achegarse ao paseo marítimo e facerlle unha visita ás ruinas do castelo. 


Tod@s descubriste sen problemas onde se atopaba, bravo!
Xiana e a súa familia achegáronse ata o Castelo da Lúa e sacaron unha foto como Libriño. Graciñas, Xiana! 

No Salón do Libro

Un ano máis visitamos o Salón do Libro e, como somos centro colaborador, participamos en contacontos, obradoiros e unha visita guiada á exposición. Vimos o noso Castelo da Lúa, poñendo unha nota rianxeira no Salón do Libro de Pontevedra 😃 e gozamos, unha vez máis, do marabilloso mundo que agochan os libros e a lectura.

Parabéns a tod@s os que traballan para que o Salón do Libro de Pontevedra sexa unha cita imprescindible para os amantes da literatura infantil e xuvenil e da cultura. Grazas!

28 de marzo de 2019

Paro convocado polas ANPAS

Compartimos o comunicado co que as ANPAS do noso concello convocan un paro de 5 minutos mañá, venres, 29 de marzo.

As ANPAS abaixo asinantes e ante o gravísimo incendio que asolou preto de 1000 ha. nos concellos de Rianxo e Dodro, convocamos ás comunidades educativas dos nosos centros a acudir aos respectivos colexios o venres día 29 ás 12 da mañá para facer un paro de 5 minutos. A esta hora reunirémonos no patio de cada centro escolar e gardaremos un minuto de silencio.

Os motivos desta convocatoria son:

- Visibilizar a desolación da comunidade educativa ante fenómenos como o que acaban de acontecer e que poñen en perigo a nosa paisaxe, o noso territorio, a nosa fauna e cada vez máis, as nosas vivendas e ata as nosas vidas.

- Reclamar ás autoridades competentes un bosque autóctono e sostible, onde o eucalipto sexa unha excepción e non o principal monocultivo.

- Agradecer a todas as persoas, profesionais e voluntarios, que participaron no operativo de extinción. Sen o seu esforzo e traballo incansable as consecuencias serían moito peores.

- Pedir a toda a comunidade educativa –concello, profesorado, anpas...– que non baixemos a garda e continuemos formando ao noso alumnado no ecoloxismo e na defensa do noso ecosistema, porque a educación medioambiental é tan importante como calquera outra materia.

Todos contra o lume.
 

Anpas convocantes:
A.N.P.A do C.E.P. Xosé María Brea Segade, Taragoña.
Anpa do I.E.S Félix Muriel
A.N.P.A. do C.E.I.P. A. D. R. Castelao
A.N.P.A. do C.R.A. de Rianxo.


Nota interna: Pedimos ás familias que acudan ás concentracións que unha vez remate a lectura deste comunicado, abandonen o centro para que se poida continuar con normalidade a actividade académica.

Facebook da Anpa Brea Segade  

Orgullos@s das nosas ANPAS. Grazas!

s

26 de marzo de 2019

Lendo a Antonio García Teijeiro

Lendo, investigando, recitando, ilustrando, creando... Antonio García Teijeiro poñendo en acción a todo o centro. Esta é a proposta da BBS, o documento no que recolleremos unha pequena parte do traballo realizado estes meses en todas as aulas, de 1º a 6º. Poéticas diversas.

Primeiro

23 de marzo de 2019

XX Salón do Libro de Pontevedra: A Revolución

A Revolución xa está aquí! 
Inaugurouse o XX Salón do Libro de Pontevedra. Temos 22 días para visitalo e participar nalgunha das fantásticas propostas de dinamización cultural e fomento da lectura que inclúe o programa deste ano.
Varios cursos do Brea Segade visitarán o Salón o vindeiro mércores 27, dentro das visitas escolares para centros colaboradores. 💫 😍
Pero o salón ben merece unha visita coa familia ao completo, aproveitando as actividades en horario de tarde ou en fin de semana. Consultade o PROGRAMA e organizade viaxe en familia. Paga a pena!

 http://www.salondolibro.gal/programacion-2019/

Biblioteca escolar, espazo de lecturas

Este venres participamos nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, falando sobre a BBS nunha sesión sobre bibliotecas e lectura. Compartimos mesa coas compañeiras do IES Agra de Raíces de Cee, que presentaron a súa experiencia en clubs de lectura. Agradecemos á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) que nos convidaran a compartir a experiencia da Biblioteca Brea Segade nos Encontros.


E por fin venres! Obradoiros :-)

Ciencia divertida 


Investigación e tratamento da información



Stop Motion




Horta




Cociña






Etiquetaxe e nutrición




Espazo creativo e impresión 3D


21 de marzo de 2019

Poéticas diversas: Antonio García Teijeiro

Nos meses de marzo e abril traballaremos a obra de Antonio García Teijeiro en todas as clases do colexio. El é un dos escritores fundamentais da literatura infantil galega, destacando especialmente como poeta. É, ademais, o escritor homenaxeado na XX edición do Salón do Libro de Pontevedra. 
Neste curso de Poéticas diversas queremos celebrar o Día da Poesía tal e como nos gusta: escoitando, recitando, ilustrando, cantando, escribindo e, sobre todo, gozando coa poesía.






Feliz día da Poesía!

19 de marzo de 2019

O Castelo da Lúa rumbo a Pontevedra

Onte despedimos á nosa maqueta e os cinco libros que a acompañan. Marcharon rumbo ao Salón do Libro de Pontevedra. A Revolución é o lema deste ano e nós enviamos unha maqueta do Castelo da Lúa de Rianxo que foi un dos escenarios da Revolución Irmandiña. 
Na maqueta incluímos cinco libros de creación propia: A Revolución Feminista, a Revolución dos Dereitos Humanos, a 4ª Revolución Industrial, a Revolución Irmandiña e a Revolución medioambiental.











E alí a deixamos en Pontevedra... Que ganas de que abra o Salón do Libro!


17 de marzo de 2019

3ª quenda dos obradoiros

Despois dun parón de dous venres por mor do Entroido e do Día da Muller, retomamos os obradoiros con novos grupos e algunhas outras novidades.

Rematada a maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra e a piques de chegar a primavera iniciamos un novo obradoiro: horta. 🌿🍀🌸


Instalamos un niño de velutina