23 de marzo de 2024

Poetízate: máis contos rimados

Rematamos a semana e o trimestre compartindo máis contos rimados. Grazas aos axudantes da BBS que participaron na actividade, sodes os mellores contadores e contadoras! 😍

21 de marzo de 2024

Poetízate: no Día da Poesía

 No Día da Poesía algúns axudantes da BBS continuaron compartindo contos rimados cos compañeiros e compañeiras máis pequenos. 😍





Mochilas Viaxeiras 10

 As Mochilas tamén marchan de vacacións de Pascua e xa saíron hoxe!


Agardamos que ademais de descanso, viaxes, xogos, excursións, festas... teñades moi boas lecturas nestes días de lecer e que vos guste moito todo o que atopedes nas Mochilas Viaxeiras da BBS.

19 de marzo de 2024

Poetízate! Contos rimados

Un grupo de axudantes da BBS comezou hoxe a contar contos rimados na Hora de Ler nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. O xoves 21 é o Día da Poesía e quixemos levar poesía ás aulas en forma de contos. Escolleron os títulos a contar, preparáronos, elaboraron un pequeno agasallo para cada aula e hoxe debutaron, compartindo contos rimados, baixo o lema de Poetízate!

Resultou moi ben! Continuarán...






17 de marzo de 2024

Bo camiño, Valentiño!

Esta semana cambiamos o contacontos do recreo para o venres, porque o mércores estabamos todos de excursión en Rianxo ou na Coruña. 

Anta, Aitana e Sofía foron as contadoras. Escolleron Bo camiño, Valentiño! un divertido conto rimado, escrito por Gracia Iglesias, que fala do Camiño de Santiago. 

Tambien cambiamos a ubicación dos contacontos, despois de facer uns cantos cambios no mobibliario e disposición do espazo na BBS. Gustounos o cambio.

Fixérono de marabilla! 
Grazas contadoras, gustounos moito escoitarvos!





Bravo, contadoras!

8 de marzo de 2024

8M

 Hoxe conmemoramos o Día da Muller no colexio, pero xa levabamos tempo traballando sobre o tema porque...



Hoxe chovía e non puidemos achegarnos a Rianxo á mani dos mandís, pero no Brea Podemos Facelo! e fixemos a nosa propia mani dos mandís no cole. 





E para rematar a conmemoración... Cola Cao! que para seguir loitando pola igualdade hai que coller forzas e manterse firmes. 



Parabéns a todos e todas por este novo Día da Muller no Brea Segade. Mágoa non poder compartir a mani dos madís con todos os centros escolares de Rianxo e asistir ao concerto de Pauliña, outra vez será! 

Mochilas Viaxeiras 9

 Onte saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras do mes de marzo. Tal e como está o tempo van ser unha opción estupenda para tardes de sofá, manta e boas lecturas compartidas en familia. 😃


Grazas ás nosas/os axudantes, que sempre botades unha man preparando e sorteando as Mochilas. 

Lectura e familias: Yolanda Castaño

 O Sol

O Sol é unha fonte de vida.

O Sol é un renacer constante, 

é unha estufa inmensa,

unha caldeira interminable. 


O Sol é o pole dunha flor,

é unha pelota brillante.

O Sol é unha lava ardente, 

unha lámpada flotante. 


Aquí tedes aos autores e autoras do poema colectivo que abre esta entrada e no centro, Yolanda Castaño, que estivo o mércores na BBS, enchéndoa de poesía e converténdonos a todos en poetas, por un tempo. Quen sabe, igual esa semente acaba agromando. Ogalla!
Yolanda veu realizar un obradoiro de poesía con familias, dentro do programa Lectura e familias, e rompeu, unha vez máis, todos os tópicos sobre a poesía. Pasamos unha tarde fermosa, compartindo versos e visións do mundo, mesturando achegas de grandes, pequenos e pequenas, xogando coas palabras, creando entre todos...
Grazas, Yolanda! Quedamos con ganas de máis! 😍







6 de marzo de 2024

Me acuerdo de ti

Hoxe tivemos contacontos no recreo con Xohana, Xiana, Alba, Camila e Manuel. Contáronos Me acuerdo de ti de Sergio Badino, unha historia moi fermosa, que fala da relación entre os nenos e os avós ou avoas. Gustounos moito! 😍





Xenial, contadoras e contador!!

5 de marzo de 2024

Biblioteca creativa: impresión 3D

Onte tivemos unha actividade de formación sobre impresión 3D, dentro do programa biblioteca creativa. Estiveron con nós Almu e Elena de Competencia Dixital. Pola mañá levaron a cabo dúas sesións co alumnado de 5º e 6º e pola tarde tivemos tamén formación o profesorado. Almu e Elena xa son da casa, sabemos que con elas as sesións de formación sempre son moi interesantes, moi dinámicas e moi aproveitables para a o ensino e aprendizaxe, e así foi! Deswcubrimos un montón de cousas novas sobre impresión 3D e sobre todo, rematamos con moitísimas ganas de poñernos mans á obra! 

Grazas, Almu e Elena!

Sempre é un pracer contar con vós.