Amosando publicacións coa etiqueta Libriño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libriño. Amosar todas as publicacións

22 de decembro de 2019

Cadernos de Viaxe 2

Volveron os Cadernos de Viaxe da súa segunda estancia nas vosas casas! Viñeron cargadiños de ideas, opinións, debuxos e fotos; encántannos! Traen recomendacións de praias en Taragoña, propostas para facer no mar e na praia, preocupacións sobre o mar e o noso planeta...
Grazas a Elsa, Alberte, Irene, Lola, Nerea, Iker e ás vosas familias. Que Cadernos de Viaxe máis chulos estamos facendo entre tod@s!








Esta é a praia de Semuíños en Ourolo, unha das favoritas de Alberte e a súa familia; normal! Mirade que sitio tan bonito, aí, de ladiño das nosas casas. Que afortunados/as somos!



5 de xuño de 2019

Libriño no Pozo Bastón

Debimos meterlle ganas coa nosa saída de comezo de curso e Libriño marchou ata o Pozo Bastón nunha das súas últimas viaxes antes do verán. Coa calor da semana pasada seguro que ata se deu un baño.


Nerea e Breogán descubriron o destino de Libriño e Nerea ata se animou a contarnos no Caderno de Viaxe a lenda do Pozo Bastón. Graciñas, Nerea!

25 de maio de 2019

Libriño no Pazo do Martelo

Tiña que ser! Unha das visitas de Libriño este curso tiña que ser á Biblioteca Pública Castelao no Pazo do Martelo en Rianxo.Como xa imaxinábamos todos atinastes coa resposta.


11 de maio de 2019

Libriño con Faustino Rey Romero


Libriño está a facer as súas últimas viaxes deste curso. Quedáballe ir ver un dos grandes escritores Rianxeiros, que ten a súa laxe no paseo marítimo: Faustino Rey Romero. E alí foi!
Volvestes descubrilo tod@s! Bo traballo!

27 de abril de 2019

Libriño no lavadoiro da Ermida

Desta vez Libriño púxovolo máis difícil, foi ao Araño, ao lugar da Ermida e moi poucos descubristes onde estaba, así que tomamos nota, teremos que facer unha saída á Ermida 😉



11 de abril de 2019

Libriño en Tanxil

Desta vez Libriño foi ata a praia de Tanxil. Non tivo problema co tempo e iso que nestas últimas dúa semanas choveu e ventou a todo dar.


Unha vez máis fostes ben espilidos e espilidas e resolvestes o reto sen problema. Lara e Alba ata atoparon un momento de tempo bo ou case bo para ir sacar fotos en familia na praia de Tanxil. Ben feito!
Graciñas, Lara! Graciñas, Alba! 











31 de marzo de 2019

Libriño no Castelo da Lúa

Coincidindo coa marcha da nosa maqueta do Castelo da Lúa ao Salón do Libro de Pontevedra, Libriño decidiu achegarse ao paseo marítimo e facerlle unha visita ás ruinas do castelo. 


Tod@s descubriste sen problemas onde se atopaba, bravo!
Xiana e a súa familia achegáronse ata o Castelo da Lúa e sacaron unha foto como Libriño. Graciñas, Xiana! 

13 de marzo de 2019

Libriño na nosa plantación

Libriño na súa última viaxe estivo visitando a nosa plantación 😃. Coma nós está pendente de como lles vai ás nosas árbores. Tod@s descubristes onde estivera, ben feito!



Mateo e a súa familia animáronse a ir ver a plantación e sacar a foto como Libriño. Graciñas!
Moi ben!

20 de febreiro de 2019

O reto de Breogán

Despois de resolver o reto de Libriño na Mochila Viaxeira, Breogán de 4º tivo a boísima idea de propoñernos un reto a tod@s nós. Aquí está, animádevos a intentar resolvelo e enviar as vosas respostas en forma de comentario nesta entrada do blog. 

Sodes quen de adiviñar onde estou?
E agora que chega o entroido,  de que vou disfrazado?
Agardo resposta! 
Breogán
 
 
Graciñas, Breogán!

Libriño con Rafael Dieste

Aproveitando o bo tempo, Libriño marchou ata o Paseo Marítimo a ver as laxes adicadas aos escritores rianxeiros. Desta vez parouse nas de Rafael Dieste e quitou foto xunto a de Da Morte de Estreliña. Tod@s volvestes atinar e resolvestes o reto. Bo traballo!


Breogán achegouse ata alí coa súa familia e quitou foto. Graciñas, Breogán!


Ben feito!


7 de febreiro de 2019

Libriño no Castro Barbudo

Desta vez Libriño quedou ben cerca da escola, nun dos lugares máis fermosos do noso municipio: O Castro Barbudo.
Unha vez máis todos/as resolvestes o reto, ben feito! Alexander e Breogán ademais de resolvelo achegáronse ata alá e quitaron a foto no mesmo lugar que Libriño. Moitas grazas, Breogán e Alexander!





23 de xaneiro de 2019

Libriño no porto de Taragoña

Viñeron de volta as Mochilas Viaxeiras e con elas os Cadernos de Viaxe e as respostas ao reto de Libriño desta quincena. Tod@s o descubristes: Libriño estivo no porto de Taragoña, como escribiu Adrián de 3º: "un dos meus lugares favoritos". De Adrián e de moitos e moitas de vós 😃.


9 de xaneiro de 2019

Libriño no Nadal

Libriño tamén saiu de viaxe por Rianxo no Nadal e, como ben descubristes, pasou polo Campo, pola Praza de Castelao, para ver a árbore e as luces de Nadal. 


Breixo, Jorge, Carlota e Ana tamén estiveron por alí e lembraron facerse unha foto como Libriño. Xenial! Graciñas, Breixo! Graciñas, Jorge, Carlota e Ana!



23 de decembro de 2018

Libriño con Manuel Antonio

Libriño visitou a Casa Museo de Manuel Antonio en Rianxo na súa última viaxe antes do Nadal. 
Todos os Cadernos de Viaxe recollían a resposta correcta e Hugo ata atopou tempo para ir sacar a foto á entrada do Museo. Graciñas, Hugo!

Moi ben, Hugo!

6 de decembro de 2018

Libriño con Castelao

Esta semana Libriño volveu ao paseo marítimo, a unha das laxes dos escritores rianxeiros, nesta ocasión, como ben puxestes en todos os Cadernos de Viaxe,  estivo con Castelao. Bo traballo!
O tempo non volo puxo doado, demasiada chuvia para ir de paseo en busca da laxe de Castelao. Agardaremos polo sol 😉

Alberte coa súa familia e Castelao

23 de novembro de 2018

Libriño no Araño

Libriño segue de paseo polo concello. Desta volta foi ata ao Araño, de par da graneira máis longa do mundo! Estas dúas semanas choveu case a diario, así que ir sacar a foto foi complicado para a maioría de vós, pero en todos os Cadernos de Viaxe destes coa resposta correcta. Moi ben!!
E tamén mandastes fotos da mochila nas vosas casas ou da visita de Libriño a Brea Segade. Xenial! Moitas grazas!
Escolleu un día de sol :-)

Carlota, Jorge e Ana no hórreo do Araño. Bravo!
Moi ben!
Héctor con Brea Segade
Diego coa Mochila Viaxeira

11 de novembro de 2018

Mochilas Viaxeiras contra días de chuvia

Este xoves, contra vento e marea saíron as Mochilas Viaxeiras, unha fantástica alternativa a estas tardes de chuvia e vento que estamos a ter. Nelas van os Cadernos de Viaxe cun novo reto de Libriño, que saiu de expedición un día de sol. Onde estaría?

Boas lecturas quentiñas!

Libriño tamén viaxa

Este curso as Mochilas Viaxeiras teñen unha novidade importante. Despois de tantos anos vendo saír de viaxe ás Mochilas cada dúas semanas, Libriño pensou que el tamén quería coñecer mundo e marchou a percorrer as terras de Rianxo. Cada dúas semanas, nos Caderno de Viaxe das Mochilas aparecerá unha foto de Libriño nalgún lugar do noso municipio. O reto é descubrir onde estivo e, se tedes tempo, ir ata ese lugar e sacar unha foto, como Libriño. 
Esta foi a primeira foto que apareceu nos Cadernos de Viaxe:


E sí, en todos os Cadernos de Viaxe apareceu a resposta correcta: 
Libriño estivo no paseo marítimo, na laxe en homenaxe a Xosé Mª Brea Segade.  
Lois de 3º non só atinou coa resposta se non que foi a comprobalo. Aquí o tedes:

Ben feito, Lois!!!
Pouco a pouco iremos descubrindo lugares fermosos e representativos do noso municipio. Animádevos a descubrilos en familia tamén vós. Grazas a tod@s!