Continuamos experimentando con circuítos e papel, seguindo o aprendido con Paola Guimeráns. Cuarto elaborou esta semana postais homenaxeando a Rosalía e á súa estrela. A luz de Rosalía que nos alumea e nos dá calor todo o ano. 😍
Biblioteca Brea Segade
Bitácora da biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña
6 de marzo de 2021
Estrela Rosalía
Xoves na BBS
Os xoves, na BBS, Terceiro continúa facendo bo uso dos recursos do Espazo Argalleiro e da súa creatividade.
4 de marzo de 2021
As trampas de Segundo
Os nenos e nenas de Segundo colocaron hoxe na horta do cole dúas trampas para velutina feita con garrafas de auga. Mirade que traballazo fixeron!
Grazas Segundo!
2 de marzo de 2021
27 de febreiro de 2021
Plantación no monte de Taragoña
Este venres todo o colexio participou nunha plantación de árbores autóctonas diante da nova caseta das cabuxas. Organizamos a plantación coa Comunidade de Montes o Fieitoso e o Colectivo Veciñal Fousas ao Monte e contamos coa colaboración do Concello de Rianxo, que fixo os buratos e nos prestou as ferramentas.
Plantamos castiñeiros, cerdeiras bravas e un chopo branco. Tivemos a sorte de que Emilio Saborido estivera con nós coordinando a plantación, explicándonos que facer, axudándonos a distinguir especies, falándonos de monte sostible... Un luxo, coma sempre!
Organizamos dúas quendas, con tres grupos burbulla en cada unha delas, porque o monte e as actividades en natureza non só son os mellores espazos para aprender, se non que tamén son seguros e moi saudables 😍
Grazas á Comunidade de Montes de Taragoña, a Fousas ao Monte,
ao Concello de Rianxo e moi especialmente a Emilio Saborido.
Aproveitamos tamén para visitar a plantación que fixeramos hai uns anos de lado de Campo Maneiro e ver como van medrando as árbores e para ir falando do que atopabamos polo camiño.
![]() |
Que boa mañá pasamos! |
Coas cabuxas
A plantación estivo moi ben, pero todos devecíamos por ir ver as cabuxas, así que unha vez feito o traballo... 😀
Mochilas Viaxeiras 8
Veñen días de sol e boas temperaturas, para sacar os libros ás hortas, aos xardíns, á praia... Buscade unha boa sombra e gozade das lecturas que enchen as Mochilas Viaxeiras da BBS.