A nai de Nerea, Regina, estivo na biblioteca o mércores pasado lendo algúns dos contos da exposición de libros portugueses para a clase de 3º. Regina é brasileira e ofreceuse a ler ensinarnos como soarían en brasileiro eses contos que tanto nos gustaron. Lidos por ela aínda nos gustaron máis!
Amosando publicacións coa etiqueta BPM Castelao b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BPM Castelao b>. Amosar todas as publicacións
8 de xuño de 2019
28 de maio de 2019
Dende Portugal ata Rianxo
E dende Rianxo ata Taragoña! 😃
Os libros portugueses de literatura infantil e xuvenil do Salón do Libro de Pontevedra quedaron na BPM Castelao de Rianxo para que poidamos seguir gozando deles ata finais de xuño. Tanto nos gustaron cando fomos de visita ao LIX e á biblioteca municipal, que Sofía emprestounos uns cantos para poder telos na BBS e seguir descubríndoos. E niso estamos! 😍
![]() |
| Saíndo da BPM Castelao |
![]() |
| Na BBS |
19 de maio de 2019
Lusofonía no LIX Rianxo
A cultura convidada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano foi a lusofonía e no LIX Rianxo temos a sorte de poder gozar da colección de literatura infantil e xuvenil portuguesa do Salón.
Como a "cabeza non para" 😉, en colaboración entre a BBS e a BPM Castelao de Rianxo, elaboramos un xogo para que o alumnado de 1º, 2º e 3º do cole descubrira parte desa colección na visita á biblioteca municipal que fixemos o mércores pasado dentro das actividades do LIX Rianxo. Foi todo un éxito, tanto que rematamos a actividade pedíndolle a Sofía que nos deixara en préstamo unha escolma de libros portugueses para poder seguir léndoos e aproveitándoos no cole a semana que vén.
Grazas, Sofía! Un pracer, sempre, colaborar contigo e visitar a B.P.M Castelao. 😘
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































