Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

19 de maio de 2019

Cinema de historias: Alice Guy

O mércores foi o día en que todo o cole se achegou ata o Auditorio de Rianxo para visitar a exposición do LIX Rianxo e participar nunha das actividades de animación á lectura para centros escolares que se están a desenvolver ao longo de toda a semana.  
Raquel Queizás levounos, nunha viaxe ao pasado, ata a vida da incrible Alice Guy, unha das creadoras do cinema. Tivemos a sorte de asistir a un espectáculo  fantástico que combina teatro, historia e cinema, para dar a coñecer unha figura inxustamente esquecida polo feito de ser muller. Grazas, Raquel, por demostrar que podemos aprender divertíndonos e por crear un espectáculo que nos fai pensar e nos anima a loitar contra a desigualdade e a discriminación.



Imaxes tomadas do Facebook de LIX Rianxo.

18 de xuño de 2018

Libros que veñen e van 2018

Aquí están as nosas recomendacións de lecturas para as vacacións de verán. Lembrade que podedes atopalas na BBS e levalas emprestadas nas bolsas de lecturas de verán desde o venres 22.


30 de abril de 2018

Imaxina, crea, soña...Le

Compartimos as curtas que proxectamos na biblioteca na tarde do 25 de abril, nos actos do Mes do Libro. Curtas e libros para soñar, imaxinar, pensar, decidir, sorprendernos, aprender, medrar... One by One de Lebo M, as imaxes e a música contan historias tan fermosas coma esta.

Libriños de imaxes en movemento

Padriños, madriñas, afillados e afilladas elaborando xuntos libriños de imaxes en movemento. Libros e precine para celebrar o Mes dos Libros.

7 de abril de 2018

Os inicios do cine

Ao longo desta semana,en tres quendas diferentes, os nenos e nenas de 2º presentáronnos na biblioteca un traballo sobre o cine que fixeron ao longo do 2º trimestre. Foi a súa primeira presentación e exposición en público e fixéronno moi ben. Noraboa polo traballo, 2º!




22 de marzo de 2018

Luces, cámara... Pontevedra!

O venres despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. Un ano máis participamos como centro convidado e un ano máis a maqueta é o resultado final de semanas de moito traballo compartido entre varias clases do colexio: boas lecturas, investigación, imaxinación e creación en grupo. Volvemos estar moi satisfeit@s co traballo feito, este ano sobre protagonistas femininas de conto e de película. Xa nos tarda ver o Salón do Libro abrir as súas portas e ver a nosa maqueta  na exposición dos traballos dos centros de ensino. 


A nosa cámara
Os libros
Molan!

Os autores e autoras




Bravo!


15 de marzo de 2018

Mulleres de conto e de película

Todo listo para levar mañá a nosa maqueta ao Salón do Libro de Pontevedra. Este ano o lema é Mulleres de conto. As nosas serán Mulleres de conto e de película.  Aquí tedes un anticipo. Que ganas!

















Seguiremos contando...

7 de marzo de 2018

Mulleres de cine

As mulleres teñen un papel importante tamén no cine, aínda que non sempre se recoñeza. Ao longo do mes de marzo, traballaremos no centro sobre mulleres que tiveron e teñen moito que dicir no mundo do cine: produtoras, directoras, actrices, montadoras, figurinistas, maquilladoras, perruqueiras, cámaras, guionistas... Tantas e tantas mulleres imprescindibles e non sempre recoñecidas.
















20 de xaneiro de 2018

Charles Chaplin nas seccións bilingües

As Seccións Bilingües continúan traballando sobre cine. Nesta ocasión despois de ver algúns fragmentos de cine mudo e descubrir os seus principais representantes, elaboraron estes títeres de Charles Chaplin nas clases de Plástica de 2º e 4º.







29 de decembro de 2017

Impresión 3D

Desde finais do curso pasado temos na BBS unha impresora 3D, que chegou a nós por estar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia e máis concretamente no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, do que formamos parte desde o 2016 e co que chegaron eses pequenos robots que dan nome a noso Espazo Escornabots.  Empezamos a usala este curso, primeiro aprendendo e fedellando os profes, para poder chegar a usala tod@s, como un recurso máis para o ensino e a aprendizaxe no colexio. 
Para rematar o trimestre, ademais de que tod@s puideramos ver á impresora 3D "en acción" e coñeceramos o programa que empregamos para traballar con ela, quixemos crear o noso primeiro agasallo de "produción masiva" para  alumnado, profesorado e traballadores do cole. Escollemos un detalle que tivera que ver co proxecto deste curso e... mans á obra!

Deseñando no programa Cura
Fedellando co programa  Cura
Empezando a imprimir
Flipando!
Unha "fornada" de cámaras
Ohhh!
Seguimos imprimindo 

Vai indo...

Molan!





 No 2018, máis impresión 3D!


14 de decembro de 2017

Remate do obradoiro de fotografía e vídeo

O luns tivemos a última sesión do obradorio de fotografía e vídeo con móbiles para familias. As valoracións desta actividade foron moi positivas, tanto polo aprendido como polo ambiente que se creou no grupo ao longo dun mes de traballo xuntos. Na última sesión puidemos ver unha boa mostra dos grandes guinistas, director@s e cámaras que temos no cole. Quedamos con algúns proxectos pendentes, xa vos iremos contando. 
Grazas, Fran, por ensinarnos tantas cousas sobre imaxe e móbiles! 
Grazas á familias por implicarvos "a tope" no obradoiro!


4 de decembro de 2017

Aventuras dunha caixa de cartón

Presentámosvos unha nova curta que Fran Gómez compartiu con nós no Obradoiro de fotografía e vídeo con móbiles. Desta vez é unha película feita en familia cun móbil, para animarnos e inspirarnos. Querer é poder!


The Adventures of a Cardboard Box from Studiocanoe on Vimeo.

29 de novembro de 2017

Gravando cos móbiles

Na segunda sesión do obradoiro aprendemos a sacarlle partido á cámara de vídeo dos nosos móbiles; continuamos descubrindo trucos e posibilidades.