27 de febreiro de 2019

Radio BBS emitindo

Aquí temos os nosos primeiros podcasts, a primeira produción da Radio BBS!
É o resultado do traballo de Lucía e Sergio de Laboratorio de Radio co alumnado de 4º. Contamos tamén coa colaboración especial de Teresa, Emilio, Lola, Fina e Joaquín que compartiron o seu saber con nós. Grazas!
Son os comezos dunha nova aventura na biblio e no cole e xa nos encantan. Canto imos aprender e compartir coa radio! E que ben o imos pasar!

Parabéns, 4º! Sodes uns cracks! 😍

O ENTROIDO
PLANTACIÓN
DENTE NA LAREIRA






ALIMENTACIÓN
BBS

22 de febreiro de 2019

Libre o meu pensamento!


24 de febreiro: Día de Rosalía

Do XIX ao XXI: Rosalía sempre vixente, sempre comprometida coa xustiza social, coa muller, con Galiza. Rosalía sempre viva na súa obra e no seu pensamento, sempre presente, sempre necesaria. 

21 de febreiro de 2019

As nosas creacións 3D

Van saíndo as primeiras creacións do obradoiro de Impresión 3D e espazo Argalleiro, deseñadas por vós, amañadas para pasar de 2D a 3D co programa Selva e impresas na nosa biblioteca. Mirade que chuladas!








20 de febreiro de 2019

O reto de Breogán

Despois de resolver o reto de Libriño na Mochila Viaxeira, Breogán de 4º tivo a boísima idea de propoñernos un reto a tod@s nós. Aquí está, animádevos a intentar resolvelo e enviar as vosas respostas en forma de comentario nesta entrada do blog. 

Sodes quen de adiviñar onde estou?
E agora que chega o entroido,  de que vou disfrazado?
Agardo resposta! 
Breogán
 
 
Graciñas, Breogán!

Mochilas Viaxeiras de Entroido

Hoxe saíron as Mochilas Viaxeiras e non voltarán ata despois do Entroido. Nestes días de troula e disfraces tamén haberá tempo para boas lecturas, música e pelis.


Libriño con Rafael Dieste

Aproveitando o bo tempo, Libriño marchou ata o Paseo Marítimo a ver as laxes adicadas aos escritores rianxeiros. Desta vez parouse nas de Rafael Dieste e quitou foto xunto a de Da Morte de Estreliña. Tod@s volvestes atinar e resolvestes o reto. Bo traballo!


Breogán achegouse ata alí coa súa familia e quitou foto. Graciñas, Breogán!


Ben feito!


19 de febreiro de 2019

Gravando!

Hoxe foi unha mañá de radio na BBS, a nosa primeira "gravación de verdade". Os nenos e nenas de 4º foron os locutores e locutoras, viñeron tres convidadas e un convidado para seren entrevistados e Lucía e Sergio ensináronnos como levar a parte técnica. Gustounos moito compartir a experiencia da radio coas avoas e cun dos médicos de Taragoña e telos con nós no cole. Teñen moito que contar, así que volverán, seguro.

Grazas, Teresa, Lola, Fina e Joaquín!
 
Rematamos a nosa formación con Laboratorio de radio, con moitas ganas de poñernos en acción e dar vida á Radio BBS.  Grazas, Lucía e Sergio por estes días nos que aprendemos tanto e por "engarcharnos" coa radio.

Entrevistando a Joaquín, o médico da Coviña

Entrevistando a Teresa

Lucía e Sergio

Entrevistando a Fina e Lola

Grazas, Laboratorio de Radio!


Estade atent@s, publicaremos o podcast do programa en canto a montaxe estea lista.

16 de febreiro de 2019

La superchef

Este venres a clase de 3º fixo a lectura dramatizada de La Superchef de Alicia Mas, unha das novidades que mercamos para traballar o Proxecto Documental Integrado deste curso, alimentación e consumo responsable.
Aquí os tedes, despois de velos, imposible non querer levar o libro emprestado.

Graciñas, Terceiro!

Creando no Espazo Argalleiro e 3D


Receitas de cociña e escornabots
Descubrindo Bloxels


Construíndo con Geomax e Lego
Os nosos deseños 3D



Venres: animación en Stop Motion








Olores e sabores dos venres

Venres, día de obradoiros. A escola arrecende pratos apetitosos e un novo grupo de cociñeiros e cociñeiras experimentan e proban as súas creacións. Como mola cociñar xunt@s!




14 de febreiro de 2019

Formación de radio para 4º

Hoxe a clase 4º comezou coa formación de radio, dentro do proxecto Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Tiveron dúas horas de traballo con Lucía e Sergio de Laboratorio de Radio e aproveitáronnas ao máximo. Fixeron xogos de voz, de respiración e de expresión e despois, en grupos, elaboraron o guión do que será o primeiro programa da Radio BBS. Para a semana chegará o momento de poñerse ante os micros e a mesa de son, pero hoxe descubriron que os programas de radio levan moito traballo detrás e que mola moito 😀