No recreo xuntámonos para recitar Miña casiña, meu lar e comer o caldo de gloria, imprescindible no Día de Rosalía no Brea Segade. Fantástico escoitar a nenos e nenas de todos os cursos recitando a Rosalía, riquísimo o caldo de Gloria. Grazas, cociñeiros/as!
24 de febreiro de 2023
Día de Rosalía
Hoxe celebramos no Brea o Día de Rosalía. Decoramos a fachada:
Gravamos poemas de Rosalía para unha montaxe:
23 de febreiro de 2023
22 de febreiro de 2023
16 de febreiro de 2023
Lectura e familias: comezamos!
Primeira sesión do programa lectura e familias. Comezamos descubrindo todo o que a BBS ten para gozar en familia, pero fixémolo por medio dun xogo e unha serie de probas que superar. Contamos cun pasaporte para rexistrar as probas superadas e unha recompensa final para todas as familias, porque todas superaron con éxito as probas propostas.
Grazas por vir e participar!
Xa sabedes, a BBS é vosa!
Quen levou a Lúa?
12 de febreiro de 2023
O xigante secreto do avó
Alba, Xiana, Virginia e Camila trouxeron un xigante especial á BBS no último contacontos do recreo: O xigante secreto do avó de David Litchfield. É unha fermosa historia sobre a amizade e a imaxinación, que ten unhas ilustracións impresionantes. Boa escolla, rapazas!
Foi a primeira experiencia como contadoras da BBS e fixérono de marabilla, dá gusto ver que temos boa canteira de contadoras e contadores. Non tardedes en repetir!
Fantástico, contadoras! |