Mañá teremos o agardado encontro con Gonzalo Moure, tras a lectura da obra "El niño de luz de plata", creación do Taller de lectura de Farsía, en Smara, e coordinada polo escritor. Compartimos un dos materiais cos que o alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º preparou este encontro, un tríptico sobre Gonzalo Moure.
30 de xaneiro de 2022
15 de xaneiro de 2022
El niño de luz de plata
5 de febreiro de 2021
Lecturas pola Paz: Un barco no ceo
Rematamos a semana coa lectura pola Paz dos nenos e nenas de Primeiro: Un barco no ceo de Quentin Blake. Eles poñen o broche de ouro a unha semana de lecturas e creacións compartidas.
Embarcaremos con eles/as para seguir construíndo un mundo mellor.
4 de febreiro de 2021
Lecturas pola Paz: Wangari e as árbores da Paz
Os nenos e nenas de 3º coñeceron outra historia real, desta vez protagonizada por unha muller africana, Wangari Mathaai, quen recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. A súa loita polo desenvolvemento sostible, a democracia e a paz para o seu pobo tiveron un merecido recoñecemento e son un exemplo a seguir.
3 de febreiro de 2021
Lecturas pola Paz: Un fermoso ovo branco
A aula de Sexto interpreta Un fermoso ovo branco de Paula Carballeira e Miguel Cerro.
Plantar cara á inxustiza e á violencia cada día, con cada pequeno xesto, sen perder o sorriso, a risa, a música e a forza da unión e da comunidade.
2 de febreiro de 2021
Lecturas pola Paz: Biblioburro
As nenas e nenos de Cuarto descubriron unha historia real de Colombia, Biblioburro, de Jeanette Winter.
A cultura e a solidariedade son as mellores ferramentas para loitar contra a violencia e os conflitos e a historia de Luís e os seus Biblioburros son un bo exemplo, ademais dunha fermosa historia sobre o poder dos libros e a lectura.
1 de febreiro de 2021
Lecturas pola Paz: El sueño de Pablo Picasso
A aula de 5º descubriu a figura de Pablo Picasso e os acontecementos que o levaron á creación do Guernica, partindo da lectura de "El sueño de Picasso" de Marta Rivera Forner.
A arte é unha ferramentas fundamental para denunciar situacións de guerra e inxustiza e para axudarnos a coidar e manter viva a memoria. Coñecer o noso pasado, cos seus erros e os seus acertos, é imprescindible para medrar comprometidos coa Paz e a Non Violencia.
31 de xaneiro de 2021
Lecturas pola Paz: Monstro pequeno di Non!
Os nenos e nenas de 2º len e ilustran Monstro pequeno di NON de Kalle Güettler, Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir.
Aprender a dicir: Non!, respectar e ser respectados/as é construír a Paz e facer un mundo mellor.
30 de xaneiro de 2021
Lecturas pola Paz: What does Peace mean to you?
Hoxe é o Día Internacional pola Paz e a Non Violencia. Comezamos a publicar o traballo que cada aula realizou nestas semanas sobre a Paz, partindo dunha lectura proposta desde a BBS. Cada día ao longo desta semana compartiremos un documento audiovisual que recolla o traballo realizado, que foi moito e moi rico.
Empezamos co vídeo conxunto realizado por todo alumnado do cole na aula de Inglés. A Paz ten moitos significados, tantos que necesitamos os 365 días do ano para construíla e coidala.
Traballo colaborativo para abrir a nosa conmemoración do Día da Paz, imposible comezar mellor!
28 de xaneiro de 2021
Lecturas para celebrar o Día da Paz
Estes son os títulos cos que, desde as aulas, estamos a traballar sobre o Día da Paz e da Non Violencia.







