Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller 22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller 22. Amosar todas as publicacións

8 de marzo de 2022

8M: Día da Muller

Unha fermosa Frida Kahlo adornada con flores multicolores, elaboradas polas familias do Brea Segade dános a benvida ao cole desde hoxe, 8 de marzo. Colaboración, compromiso e ilusión para loitar todos os días do ano pola igualdade e polos dereitos das mulleres.

8M: mulleres viaxeiras

Seis mulleres viaxeiras presiden a entrada do colexio desde hoxe pola mañá. Cada clase investigou sobre unha muller que, por diferentes motivos, realizou viaxes e viviu aventuras extraordinarias. Coa información recollida elaboraron murais, que agora nos permitirán coñecer a seis mulleres que racharon cos estereotipos e cos límites.
Aquí están: Isabel Zendal, Isabel Barreto, Sofía Casanova, Exeria, Rosa Mª Calaf e Valentina Tereshkova.