20 de xuño de 2020

13 de xuño de 2020

Enquisa avaliación BBS. Alumnado.

Chegamos á recta final do curso e pedimos, coma sempre, que valoredes o traballo da BBS. Foi un curso estraño para a nosa biblioteca, reforma e confinamento, apenas nos deixaron gozar da nova biblio, pero mantivemos a BBS aberta e activa na rede, grazas a vós, que sempre estades aí. Sabemos que a BBS está agardando por nós, chea de proxectos e novidades. 😃

Cubride a enquisa entrando neste enlace: ENQUISA ou premendo sobre a imaxe.
Cando a teñades cuberta dádelle ao botón de ENVIAR que hai ao final.

As vosas opinións son fundamentais para o traballo da biblioteca, non deixedes de dárnolas. 
GRAZAS!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdBTpvCfVHzU73EtaYym7lx4eaBj4CUKTydxiBOnck8WZ_BcA/viewform?usp=sf_link

Enquisa avaliación BBS. Familias

Chegamos á recta final do curso e pedimos, coma sempre, a vosa colaboración para valorar o traballo da Biblioteca Brea Segade. Foi un curso estraño para a nosa biblioteca, reforma e confinamento, fixeron que a tan desexada apertura da nova BBS, apenas se puidera aproveitar. Pero, coa vosa colaboración e ilusión, que nunca nos faltan, mantivemos a BBS aberta e activa na rede. Que non faremos cando esteamos de volta! 😃

Premede neste enlace, ENQUISA ou na imaxe de abaixo e cubride a enquisa en liña. Ao rematar dádelle ao botón que pon ENVIAR.

As vosas valoracións sempre son moi importantes de cara a organizar o traballo futuro na BBS.
Grazas!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQAFTqNaxFPpxu8zvlcEGgDDienr_dhRQY7yF92bQiQNEkMQ/viewform?usp=sf_link

ENQUISA

5 de xuño de 2020

A saúde dos nosos océanos

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

No Día Mundial do Medio Ambiente enlazamos unha páxina que nos leva ao fondo da Ría de Vigo da man de dúas mergulladoras afeccionadas que decidiron compartir a súa paixón polos fondos mariños nun proxecto de educación ambiental denominado 13 grados, a temperatura á que adoita estar a auga no fondo da ría de Vigo. Na páxina na que comparten o seu traballo podedes atopar información sobre o fondo mariño e os seus habitantes,vídos, fotos, enlaces con entidades e proxectos de conservación e defensa dos mares... Pensamos que é unha boa proposta para visitar e continuar aprendendo sobre os nosos mares, hoxe e sempre.