Amosando publicacións coa etiqueta poéticas diversas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poéticas diversas. Amosar todas as publicacións

17 de maio de 2019

Festival das Letras 2019

Este xoves celebramos no cole o Festival das Letras, organizado pola Aula de Música e o Equipo de Dinamización Lingüistica. Boa parte dos temas interpretados polo alumando do cole procedían da obra de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, Cantan os nenos. O libro de María.
Un ano máis, quedamos abraiados coas interpretacións dos nosos nenos e nenas, coa calidade do repertorio e dos arranxos e co seu saber estar enriba do escenario e tamén como público. Todo isto é froito do traballo ao longo de todo o curso e sobre todo da sensibilidade e a dedicación do noso profe de música. Noraboa, José Luis!

Parabéns a tod@s! Sodes uns artistas!
 

15 de maio de 2019

Para lembrar...

Fixémoslle traballar duro, asinando varios dos seus libros para a BBS e tamén o noso Libro de Visitas. Queremos lembrar ben este encontro 😍




No Auditorio de Rianxo, na expo do LIX

Música e poesía

Así recibimos a Antonio García Teijeiro na BBS, interpretando un dos seus poemas de Poemar o Mar, musicado polo profe de Música e a aula de 4º. 
 

Musicando o mar from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.

14 de maio de 2019

Antonio García Teijeiro na BBS

Tod@s na biblio, nervios@s, con ganas de coñecelo, repasando mentalmente poemas e cancións... E chegou!
- É moi alto!
- Ten moito pelo!
Antonio García Teijeiro entrou na BBS e durante hora e media engaiolounos a tod@s. Escoitounos recitar e cantar, falounos de como empezara a escribir, da poesía e os nen@s, sacou ao rato Honorato, recitou, fíxonos rir... Transmitiunos o seu amor pola poesía e pola infancia. Encantounos!





Honorato
Atentísim@s!


Poemando o mar




Levou a poesía de Xosé Mª Brea Segade como agasallo
Foi un encontro máxico, cun dos grandes escritores de literatura infantil e un home moi próximo, que se fai querer. Aprendemos a amar a poesía un pouquiño máis.
Grazas, Antonio, por compartir o teu tempo e o teu amor pola poesía con nós!
Grazas, LIX Rianxo, por esta mañá tan fermosa.

12 de maio de 2019

Antonio García Teijeiro abre LIX Rianxo


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2019/05/12/semana-do-libro-rianxo-arranca-antonio-garcia/0003_201905B12C10994.htm


E nós temos a sorte de recibilo mañá na Biblioteca Brea Segade para falar sobre os libros que estivemos lendo e traballando nos últimos meses.  Que ganas de coñecelo!!! 😃





26 de marzo de 2019

Lendo a Antonio García Teijeiro

Lendo, investigando, recitando, ilustrando, creando... Antonio García Teijeiro poñendo en acción a todo o centro. Esta é a proposta da BBS, o documento no que recolleremos unha pequena parte do traballo realizado estes meses en todas as aulas, de 1º a 6º. Poéticas diversas.

Primeiro

21 de marzo de 2019

Poéticas diversas: Antonio García Teijeiro

Nos meses de marzo e abril traballaremos a obra de Antonio García Teijeiro en todas as clases do colexio. El é un dos escritores fundamentais da literatura infantil galega, destacando especialmente como poeta. É, ademais, o escritor homenaxeado na XX edición do Salón do Libro de Pontevedra. 
Neste curso de Poéticas diversas queremos celebrar o Día da Poesía tal e como nos gusta: escoitando, recitando, ilustrando, cantando, escribindo e, sobre todo, gozando coa poesía.






Feliz día da Poesía!

3 de marzo de 2019

Día de Rosalía

O 28 de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía. Ao longo da semana lemos nas aulas unha escolma dos seus poemas relacionados co tema do noso PDI deste curso, a alimentación. Traballamos sobre a proposta da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega: Do XIX ao XXI libre o meu pensamento e descubrimos que a fame, a pobreza, a inxustiza social están presentes nos poemas de Rosalía ao igual que están presente na nosa sociedade. Lemos tamén poemas que falaban da nosa gastronomía, dos nosos pratos máis típicos. O xoves na Hora de Ler lemos a Rosalía tod@s xunt@s.

Primeiro: Vamos bebendo!

Segundo: Has de cantar

Terceiro: Tecín soa a miña tea
Cuarto: Castellanos de Castela e Pra Habana
Engadir título
Engadir título




Quinto: Xan
Sexto: A pobriña que está xorda

As clases de 5º e 6º interpretaron para nós unha peza que están preparando para o festival das Letras, un poema de Helena Villar Janeiro musicado: poesía e música, poesía escrita por mulleres de diferentes épocas con inquedanzas similares... Poéticas diversas.


Fermosísimo tema e fermosísima interpretación!

25 de outubro de 2018

Poéticas diversas: Xosé Mª Brea Segade

Este mércores lemos a Xosé Mª Brea Segade nas aulas, poesía de Taragoña para celebrar o Día da Biblioteca, poética diversa que nos dá nome como centro. Escollemos o poema Rianxo, Rianxo, para facer marcapáxinas decorando un fragmento dese poema que fala de nós e da nosa contorna.