30 de abril de 2023

XX aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo

De viaxe: Pablo Picasso

Na aula de Sexto continúan viaxando pola historia da arte. A súa última parada foi na vida e obra de Pablo Picasso. Compartimos aquí o resultado da súa investigación, un mural dixital colaborativo. Moi bo traballo, Sexto! 
Para ver o mural completo podedes abrilo noutra xanela (frecha na parte superior dereita da publicación) ou ir movendo a barra inferior da publicación e as barras laterais de cada apartado do mural.
 

Hecho con Padlet

29 de abril de 2023

Mochilas Viaxeiras 12

Recta final das Mochilas Viaxeiras, xa só van saír para rematar o seu percorrido en Sexto, nos outros cursos remataron viaxe. 

28 de abril de 2023

Radio na biblio

Este xoves as aulas de 4º e 5º participaron en dous obradoiros de radio co xornalista e locutor de Radio Voz Pablo Portabales. Estes obradoiros enmárcanse nas actividades do proxecto Radio na Biblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares do que a BBS forma parte desde xa hai uns anos. É unha inmensa sorte poder aprender e experimentar con profesionais como Pablo, que achegan a escola a súa  experiencia no día a día do traballo na radio e axudan a fortalecer e potenciar o proxecto da Radio BBS.

Grazas, Pablo, por compartir o teu tempo e a túa experiencia con nós. 







Lectura e familias: Airiños

O mércores gozamos dunha nova tarde de contos coa compañía de teatro Airiños. Desta volta tivemos bruxas, ogros, catarros pillabáns, burros, corvos, unha vella moi lista, un vello lacazán... e ata unha orquestra improvisada, que o fixo de marabilla. Unha vez máis, conseguiron que entraramos da súa man nos contos e que o pasaramos en grande. Como nos gusta ter a Airiños na nosa biblio! 😍

Grazas Merchi, Fran, Pablo, Morán e Amantia! 

Grazas, Airiños!










23 de abril de 2023

Dar de ler

Compartimos a mensaxe que Montse Pena escribiu para agasallar ás bibliotecas escolares galegas no Día Mundial do Libro 2023. É un texto moi fermoso, homenaxe as mediadoras e mediadores da lectura. Grazas, Montse! Grazas, Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

  "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."

Feliz Día do Libro!

Dar de ler. Montse Pena Presas

Rianxo das Letras

21 de abril de 2023

Teatro Airiños: volven os contos


Escornapiratas

Segunda sesión de robótica con Almu e Elena de Competencia Dixital. Cos escornabots construídos e funcionando, tocaba poñelos en acción. E iso fixemos, convertelos en embarcacións piratas e poñernos a resolver retos. Os escornapiratas son piratas con conciencia medioambiental, que se encargan de limpar os mares e océanos de plásticos. Para iso, cada equipo recibiu un taboleiro, pezas para transformalo en diferentes escenarios, retos e un pasaporte pirata. Diversión garantida! Que ben o pasamos! E descubrimos que no Brea temos piratas expert@s capaces de superar calquera reto escornabótico 😎

Pensar, razonar, xustificar, orientarse, traballar en equipo, divertirse... con escornabots. 

Grazas, Almu e Elena! 

Sempre conseguides sorprendernos e deixarnos con ganas de máis. 😍










Parabéns, escornapiratas!

16 de abril de 2023

Contatrás II-I

A aula de 6º elaborou un vídeo con algúns dos poemas do libro Contaatrás II-I de Paula Carballeira, que forma parte do itinerario lector de Sexto e que leron ao longo do mes de marzo, Mes da Poesía. Escolleron os seus poemas favoritos, recitáronos e ilustráronos. Aquí tedes o resultado. Bravo, 6º!

12 de abril de 2023

Construíndo escornabots

Almu e Elena, de Competencia Dixital, conseguiron hoxe que perderamos o medo a fedellar con parafusos, placas, rodas, motores... e construiramos escornabots, colaborando grandes e pequenos/as. Cada familia recibiu un kit de pezas e unhas indicacións, que, seguindo paso a paso, deron como resultado sete escornabots que funcionan perfectamente e xa superaron os seus primeiros circuítos. Hoxe na BBS: concentración absoluta, traballo en equipo e alegría ao ver como se movían as nosas creacións. Pasounos a tarde voando e o bo é que para a semana, máis!

Grazas, Almu e Elena!














2 de abril de 2023

Xornal BBS 26

Día da Poesía

 O alumnado de 3º elaborou un programa de radio para celebrar o Día da Poesía. Elaboraron o guión, practicaron a locución, locutaron e gravaron o seu 1º programa de radio. Non ha de ser o último!

Parabéns 3º! Sodes uns cracks da radio!



PROGRAMA DÍA DA POESÍA 3º