27 de setembro de 2018

Ao encontro do Pozo Bastón

Mañá imos de camiñata polas terras do Araño! Este é o triptico co que preparamos a visita nas aulas.


23 de setembro de 2018

Mozambique

Este venres tivemos unha visita na nosa biblioteca: Uxía Cespón, educadora social do Concello de Rianxo e Elsa Dimande, tecnica de educación de Mozambique. Uxía xa estivera con nós o curso pasado para falarnos da súa experiencia de Vacacións con Traballo en Mozambique dentro dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Elsa  veu a Galicia por primeira vez este ano para coñecer a realidade do traballo nos concellos e de paso compartir a súa experiencia en Mozambique. Tivemos a sorte de que Uxía nos ofertara un encontro con ela, e non o dubidamos. Foi moi interesante escoitar de primeira man como é a realidade dos nenos e nenas nun país africano e poder interesarnos e preguntar polos seus xogos, as súas escolas, a alimentación...

Grazas Elsa e Uxía por compartir o voso tempo con nós!






12 de setembro de 2018

Pirámide dos alimentos

Seguimos apañando pistas de por onde irá o PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso. Despois da Hora de Ler toda a escola colaborou para completar unha pirámide alimentaria xigante na entrada do centro. Alimentación? Saúde? 😉











Hora de Ler

No primeiro día de curso cada titoría recibiu recado da BBS para achegarse a buscar algo...

Caixas de libros para a Hora de Ler!






Cada clase marchou cos primeiros fondos para as bibliotecas de aula, unha escolma feita pola BBS para comezar desde o 1º día coa Hora de Ler. Ao longo do curso iremos cambiando os fondos das bibliotecas de aula, sendo xa o alumnado e @s titor@s quen escolla.






Bo curso e boas lecturas para tod@s!

De volta!

Xa estamos de volta! A Biblioteca Brea Segade non abrirá as súas portas ata outubro, pero hoxe xa puidemos ver que algo se está tramando...


Unha pota? Un caldeiro? 😮😏
Estade atent@s ao que vaia aparecendo cada día.