Un ano máis participaremos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Nun dos obradoiros elaboraremos a maqueta que levaremos ao Salón, que este ano ten como tema central A revolución, como cultura convidada a Lusofonía e como autor homenaxeado a Antonio García Teijeiro. Comezamos a crear a nosa maqueta, na que incluiremos os libros elaborados nas aulas. Non adiantamos máis... de momento 😉
26 de xaneiro de 2019
Etiquetado e nutrición
Continuaremos aprendendo sobre nutrición, con especial atención á información que nos achegan as etiquetas dos produtos que mercamos.
Espazo creativo e impresión 3D
Novo obradoiro no que sacaremos o máximo partido do noso Espazo para Argallar: impresora 3D, escornabots, xogos de construción, tablets, vídeo xogos... Aprender creando, construíndo, deseñando, programando, imaxinando argallando e fedellando. Prohibido non tocar!
Escornabots |
Impresión 3D: Cura |
Mecanno |
Bloxels |
Circuítos con escornabots |
Impresión 3D |
Investigación e tratamento da información
Novo obradoiro no que aprenderemos a buscar información e elaborala para producir murais, presentacións, traballos...
Stop Motion
No 2º trimestre continuaremos experimentando e creando coa técnica de Stop Motion, á que tod@s quedamos enganchad@s no 1º trimestre. 📷 🍊 🍇 🍋 🍌
Cociña
Claro que seguimos cociñando! Como non? Despois de preparar galletas, este trimestre empezamos con mini hamburguesas. Mmmm! 😋
Obradoiros no 2º trimestre
Este venres comezamos unha nova andaina dos obradoiros que estamos a desenvolver este curso como parte do Proxecto Documental Integrado coordinado pola Biblioteca Brea Segade: Decotío, Sopa de Letras! Novos grupos, novos obradoiros e as mesmas ganas de aprender creando, tocando, experimentando, investigando... Seguimos apostando por mesturar idades e facer grupos heteroxéneos de 1º a 6º. Comezamos! 😃
Avaliación dos obradoiros do 1º trimestre
Compartimos os resultados dos cuestionarios de avaliación dos obradoiros do 1º trimestre. Preme sobre a frecha para ver en grande a publicación completa.
23 de xaneiro de 2019
Mochilas Viaxeiras contra a chuvia
Veñen días de chuvia e frío, para quedar na casa á quenturiña e aproveitar as lecturas, pelis e música que as Mochilas Viaxeiras levan no seu interior.
Libriño no porto de Taragoña
Viñeron de volta as Mochilas Viaxeiras e con elas os Cadernos de Viaxe e as respostas ao reto de Libriño desta quincena. Tod@s o descubristes: Libriño estivo no porto de Taragoña, como escribiu Adrián de 3º: "un dos meus lugares favoritos". De Adrián e de moitos e moitas de vós 😃.
22 de xaneiro de 2019
Pioneiras
Pioneiras. Galegas que abriron camiño |
María de 6º
Pioneiras. Galegas que abriron camiño
Anaír Rodríguez. Nuria Díaz
Xerais
Itinerarios lectores en 3º
Compartimos hoxe a sección de Itinerarios Lectores do blogue de 3º, para que vexades que é o que estiveron e están a ler conxuntamente e que lles parecen os libros do seu itinerario lector.
17 de xaneiro de 2019
Obradoiros 1º trimestre
Cubride o cuestionario e demostrade o moito que aprendestes nos obradoiros de Cociña e Nutrición, Radio, Stop Motion e Supermercado.
Nube con forma de nube
Nube con forma de nube é moi inspirador porque os poemas son moi bonitos. Inspirounos a facer un debuxo sobre as poesías. Cecilia Pisos fixo uns poemas con moito agarimo. Diego Banki ilustrou o cariño de Cecilia ante os nenos e nenas con debuxos preciosos para que os que leran o libro recibiran o cariño dos dous.
Recomendámolo se vos gusta a poesía.
Recomendámolo se vos gusta a poesía.
Alexia e Helena 5º
Nube con forma de nube
Cecilia Pisos. Diego Bianchi
Faktoria K de Libros
Nube con forma de nube
Cecilia Pisos. Diego Bianchi
Faktoria K de Libros
9 de xaneiro de 2019
Mochilas do 2019
Hoxe saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras do 2019. Boa viaxe e boas lecturas nestes fríos días de inverno.
Libriño no Nadal
Libriño tamén saiu de viaxe por Rianxo no Nadal e, como ben descubristes, pasou polo Campo, pola Praza de Castelao, para ver a árbore e as luces de Nadal.
Breixo, Jorge, Carlota e Ana tamén estiveron por alí e lembraron facerse unha foto como Libriño. Xenial! Graciñas, Breixo! Graciñas, Jorge, Carlota e Ana!
8 de xaneiro de 2019
No 2019
Hoxe foi o noso primeiro día de cole e de biblioteca no 2019. As Mochilas Viaxeiras tamén chegaron de volta das vacacións de Nadal e os axudantes desta semana xa tiveron traballo: revisalas, sortealas, anunciar os afortunados/as, preparalas para saír mañá...
Aquí os tedes, atarefados/as e lucindo os novos identificativos de axudantes da BBS 😍
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)