Amosando publicacións coa etiqueta creamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta creamos. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2024

Obradoiro de tíreres

O mércores pasado 5º e 6º tiveron a última sesión do obradoiro de títeres con Electra. Vestiron aos monicreques e escribiron e representaron obras curtiñas coas que darlles vida. Fixérono xenial! estaremos atent@s ao festival Titiriberia deste verán en Rianxo, para seguir aprendendo e gozando dos títeres. 

Grazas, Electra! 

Parabéns 5º e 6º, polos monicreques e pola obras!












Radio BBS: Luísa Villalta

 Nova achega á figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Desta vez é o alumnado de Proxecto Competencial de 4º de Primaria o que investigou e gravou un podcast sobre a escritora. 

Escoitade que ben o fixeron! Son uns cracks radiofónicos!


Preme AQUÍ para escoitar o podcast. 

23 de maio de 2024

De estrea!

Estamos de estrea na biblio, onte colocamos as esculturas literarias de cartón pedra elaboradas no obradoiro con Electra, dentro do programa Lectura e familia. Mirade que bonitísmas quedaron: 




Onte, ademais de colocar as esculturas, despedimos as actividades con familias cun xogo de busca de libros agochados nos andeis da BBS, cantando xunt@s e cunha pequena merenda. 

Grazas a todas as familias que participastes no programa Lectura e familias

Encántanos que veñades á biblioteca e vos impliquedes nas actividades. 

Grazas, Electra polo obradoiro de esculturas, que ben o pasamos e que bonita está a BBS coas novas esculturas!






9 de maio de 2024

Radio BBS: Hip Hop


Novo programa da Radio BBS, desta vez elaborado polo alumnado de 5º, como resultado do seu proxecto sobre Hip Hop e rap. Comparten con nós música que escoitaron no transcurso do proxecto e información sobre grupos e intérpretes de hip hop e rap. Foi tanta a información que recolleron e a musica que descubriron, que elaboraron dous podcasts, para poder incluír todos os temas e artistas que lles parecen interesantes.

Premede nos enlaces e dispoñédevos a escoitar bo Hip Hop e rap! A ver se sodes capaces de escoitalos sen bailar! 😉

Hip Hop 1

Hip Hop 2


25 de abril de 2024

Rematamos!

Rematamos o obradoiro de esculturas literarias, contentas polo tempo compartido e o traballo feito, pero tamén tristes por non continuar creando xunt@s; xa moitos/as falaron de repetir o curso que vén. 

As esculturas aínda precisan uns toquiños finais antes de pasar a expoñerse na BBS, así que en nada quedaremos con todos os participantes no obradoiro para inaugurar oficialmente a nova decoración da nosa biblioteca. 😍

Grazas a todas as familias que participastes, foi estupendo ver como vos implicastes no proxecto! Hai moito arte na comunidade do Brea!

Grazas, Electra, por todo o teu traballo, por sacar tanta creatividade de todos nós e polo bo clima que creaches no obradoiro. Un luxo contar contigo! 😘













23 de abril de 2024

23 de abril: Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro, co acto central deste Mes dos Libros que tantas actividades está a traer á nosa biblioteca. Neste 23 de abril compartimos lecturas, vimos curtas de animación, lemos o manifesto do Día do Libro Infantil e colaboramos entre todos/as para crear fermosísimos "libros bolboreta". Foi unha celebración na que ata o tempo estivo ao noso favor e puidemos encher o patio de parellas lectoras.

Parabéns ás madriñas e padriños lectores de 4º, 5º e 6º, que prepararon contos e postais como agasallo para os seus afillados e afilladas, que mantiveron o segredo e a ilusión e que, hoxe, se esforzaron para que todo resultara xenial. Grazas!

Parabéns aos afillados e afilladas de 3º, 2º e 1º, que recibiron os agasallos lectores con moita atención e participaron en toda a xornada con ganas e ilusión. Grazas!

Feliz Día do Libro! Felices lecturas todo o ano!












Tedes a galería completa das fotos do Día do Libro AQUÍ .