23 de abril de 2024

23 de abril: Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro, co acto central deste Mes dos Libros que tantas actividades está a traer á nosa biblioteca. Neste 23 de abril compartimos lecturas, vimos curtas de animación, lemos o manifesto do Día do Libro Infantil e colaboramos entre todos/as para crear fermosísimos "libros bolboreta". Foi unha celebración na que ata o tempo estivo ao noso favor e puidemos encher o patio de parellas lectoras.

Parabéns ás madriñas e padriños lectores de 4º, 5º e 6º, que prepararon contos e postais como agasallo para os seus afillados e afilladas, que mantiveron o segredo e a ilusión e que, hoxe, se esforzaron para que todo resultara xenial. Grazas!

Parabéns aos afillados e afilladas de 3º, 2º e 1º, que recibiron os agasallos lectores con moita atención e participaron en toda a xornada con ganas e ilusión. Grazas!

Feliz Día do Libro! Felices lecturas todo o ano!












Tedes a galería completa das fotos do Día do Libro AQUÍ .

Ningún comentario:

Publicar un comentario