Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuari@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de usuari@s. Amosar todas as publicacións

20 de xuño de 2024

Visita do CRA

Os nenos e nenas do CRA de Rianxo, que o vindeiro curso virán ao Brea Segade, estiveron de visita no cole e os axudantes de Quinto encargáronse de recibilos e ensinarlles a BBS. Faláronlle do que poden facer na biblioteca, contáronlles un conto, xogaron con eles no Espazo Argalleiro e ata os entrevistaron na Radio BBS. Resultou moi ben. Grazas, axudantes!










5 de marzo de 2024

Biblioteca creativa: impresión 3D

Onte tivemos unha actividade de formación sobre impresión 3D, dentro do programa biblioteca creativa. Estiveron con nós Almu e Elena de Competencia Dixital. Pola mañá levaron a cabo dúas sesións co alumnado de 5º e 6º e pola tarde tivemos tamén formación o profesorado. Almu e Elena xa son da casa, sabemos que con elas as sesións de formación sempre son moi interesantes, moi dinámicas e moi aproveitables para a o ensino e aprendizaxe, e así foi! Deswcubrimos un montón de cousas novas sobre impresión 3D e sobre todo, rematamos con moitísimas ganas de poñernos mans á obra! 

Grazas, Almu e Elena!

Sempre é un pracer contar con vós. 












10 de febreiro de 2024

Emitindo no Entroido

En pixama, con peiteados divertidos, con lentes extravagantes... a Radio BBS non para! E os nosos axudantes moito menos!






16 de decembro de 2023

Os nosos axudantes

 

Os nosos axudantes seguen a ter traballo variado na BBS: mochilas, radio, novidades, reposición de libros nos andeis... Esta semana foron dous grupos os que colaboraron na biblioteca, a semana pasada só abriramos 2 días e parecíalles pouco 😍

7 de outubro de 2023

A banda de Vilacendoi

Como xa é tradición, a Biblioteca Brea Segade abriu as súas portas compartindo un conto  e realizando actividades de formación de usuarios e usuarias con todas as titorías.

Este ano escollemos A banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso e a BBS encheuse de instrumentos, músicos, músicas, lembranzas e futuro. Que boa escolla para comezar a andaina 2023-2024! 

E como tamén vén sendo tradición, nestas primeiras sesións anunciamos o tema e o lema da biblioteca para este curso.

Sempre dando a nota!














Recreos na BBS

Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto tamén tiveron os seus recreos "en exclusiva" na BBS para descubrir novidades e lembrar todo o que o noso Espazo Argalleiro pon ao noso dispor.  😃