30 de xaneiro de 2020

30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Estamos de volta! Radio BBS emitindo!

Aquí tedes o primeiro programa do 2020, un monográfico sobre a Paz e a Non Violencia, con participación de todo o colexio, que emitiremos hoxe, 30 de xaneiro, na Hora de Ler.
Para elaborar este programa traballamos con poemas de diferentes autores que falan sobre a paz, a guerra, os conflitos e a esperanza nun mundo mellor. Esta é a nosa contribución e o noso compromiso para construír a Paz cada día, desde o cotián e o máis próximo.
Premede no enlace para escoitalo. 

Poemas para construír a Paz

Esta é a escolma de poemas coa que traballamos para preparar o programa de radio sobre o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

29 de xaneiro de 2020

Compartindo lecturas


Esta semana comezamos coas lecturas compartidas dos Axudantes da BBS co alumnado de 1º, 2º e 3º na Hora de Ler. Como estamos na semana na que se celebra o Día Escolar da Non Violencia e da Paz seleccionamos lecturas que falaran de paz, de conflitos e de valores e dereitos humanos. 
Lara e Nerea escolleron A Bruxa Discordia para compartir con 1º, Carolina e Carmen leron A urna dos desexos en 2º e Claudia, Ainara e Helena compartiron a historia La bibliotecaria de Basora en 3º. Lecturas compartidas para medrar nun mundo mellor. Parabéns a todas!

En 3º



En 2º



En 1º



4º grupo de axudantes

Xa temos un novo grupo de axudantes colaborando na biblioteca: emprestando ás clases, repoñendo libros nos andeis, axudando aos pequenos/as, preparando carteis... Dá gusto!









Equipazo!

Maxia

Esta semana Minia e Rita trouxeron maxia á BBS. Contáronnos Maxia! de Charo Pita e Madalena Matoso, unha fermosa historia que fala dun bebé que chora de fame, dun neno que busca solucións e unha nai que fai maxia, de verdade. 
A Charo Pita, que é unha fantástica contadora, seguro que lle tería encantado escoitar o ben que Minia e Rita contaron a súa historia.
Moi ben, contadoras!
Anunciando o conto

Bravo!

26 de xaneiro de 2020

Comezaron os obradoiros!

O venres comezaron os obradoiros: Prensa e Fotografía, Contaminación Mariña, Radio e Televisión, Reciclaxe e Teatro.  Cinco espazos aprender creando e para continuar desenvolvendo o noso proxecto deste curso: Rumbo a un mar de letras. Volvemos a organizarnos en grupos de 1º a 6º que irán pasando por todos os obradoiros. Iremos compartindo a nosas producións. 😀













5º viaxe das Mochilas

Boas lecturas!

Cadernos de Viaxe 4

Aquí tedes unha mostra dos Cadernos de Viaxe da cuarta viaxe das Mochilas. Estamos encantad@s coas vosas achegas sobre o mar e sobre o contido das Mochilas.
Grazas a Leo, Breogán, Breixo, Rubén, Claudia, Diego Ferreira, Almudena, Álex e ás vosas familias.









23 de xaneiro de 2020

Radio BBS: gravando!

Esta semana retomamos as gravacións na Radio BBS. Estamos preparando entre tod@s o noso primeiro programa do 2020, que tratará sobre Non Violencia e Paz. Teremos que agardar ao 30 de xaneiro, Día da Paz, para escoitar o programa.