Como cada ano, rematamos os actos do 30 de xaneiro levando cada clase unha nova planta ao Xardín da Memoria.
30 de xaneiro de 2023
Imaxina
Ao rematar o xogo das láminas de Castelao, xuntámonos para escoitar ao alumnado de 5º e 6º interpretar Imaxina de John Lennon e antes, Almudena, Carla Rial e Iván lembráronnos que conmemoramos o 30 de xaneiro.
Día Escolar pola Non Violencia e a Paz, Día da Ilustración, Día de Castelao
O 30 de xaneiro conmemoramos tres datas importantes que fan referencia á non violencia, a creatividade e o compromiso coa cultura e con Galicia.
Na Hora de Ler cada neno e nena do colexio recibiu unha peza dun crebacabezas cunha pregunta sobre Castelao.
Coas respostas ás preguntas houbo que buscar aos compañeiros/as que tiñan a mesma pregunta e pezas do mesmo crebacabezas.
Despois tocou reconstruír a lámina entre todos/as.
E montar a exposición coas láminas de Castelao sobre a guerra, a violencia e a inxustiza.
29 de xaneiro de 2023
27 de xaneiro de 2023
A vaca que puxo un ovo
Manuel, Valeria, Xohana, Sofía, Minia e Candela foron as/os contadoras desta semana. Escolleron un conto que nos encanta na BBS: A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill e ademais contárono co Kamishibai. Fantástico!
De viaxe pola arte: Munch
24 de xaneiro de 2023
Día da Ilustración 2023: xogando con Mª Antonia Dans
23 de xaneiro de 2023
22 de xaneiro de 2023
Imprescindibles na BBS!
El abrazo mágico
Leire, Xoana, Vera e Carlota foron as contadoras do contacontos do recreo do mércores pasado. Déronnos a receita para os días de mal humor, de enfados, de tristeza... Que xa sabemos que ás veces aparecen eses días aínda que non queiramos. Contaron "El abrazo mágico" de Fifi Kuo, remataron cun grande abrazo e a todos/as quedounos claro que facer neses días que veñen "do revés".
Grazas polo conto, polo ben que o interpretastes e polo truco que compartistes con nós. Apertas para tod@s! 😍
Xenial, contadoras! |