22 de decembro de 2021

Estreliñas 3D

O longo do mes de decembro a nosa impresora 3D traballou arreo para que onte chegaran a todas as clases uns agasallos sorpresa, unhas estreliñas para decorar as vosas árbores de Nadal ou pendurar onde vos queirades. Con elas queremos desexarvos a todos/as:  

Bo Nadal e Feliz 2022!

 

Que será?

Prosas do Nadal

Este ano tivemos, unha vez máis, que cantar as prosas nas clases, en grupos separados, pero o importante é que non faltamos á nosa cita coa tradición e que as prosas do Nadal soaron un curso máis no Brea Segade. 
Grazas, José Luis, Alma, Isa e Aldara, que fixeste percorrido polas clases. 😍
 
 
As prosas na aula de 5º.

19 de decembro de 2021

Un libro para agasallar 2021

Aquí están as nosas recomendacións de lecturas e música para este Nadal: Un libro para agasallar, para pedir, para compartir... 

Boas festas e boas lecturas en familia!

18 de decembro de 2021

Jazz no Brea Segade

Onte tivemos un concerto didáctico de jazz no noso cole. Como fixo unha mañá fantástica, puidemos facelo no patio e así asistimos todos, en grupos burbulla. Silvia Ferre, Alfredo Susavila e Miro Lamas descubríronnos que é o jazz, as súas orixes e os diferentes tipos, coa axuda do trombón, o piano, a voz e a narración, coa que Silvia foi fiando todo o concerto. Unha marabilla! 

 

Cantamos, demos palmas, bailamos no sitio, pasámolo moi, moi ben, e descubrimos que o jazz é unha música estupenda tamén para nenos e nenas, e que o importante é escoitar todo tipo de música, para coñecela e poder gozar dela.

Grazas, Alfredo, Silvia e Miro! 

Non tardedes en volver 😍









Mochilas Viaxeiras 5

As Mochilas Viaxeiras xa marcharon pasar o Nadal en seis das vosas casas. Gozade moito delas, tedes un montón de días para aproveitalas ao máximo; non esquezades recomendarnos lugares para escapadas en familia polo Barbanza.
 
Boas lecturas e Bo Nadal!

Despídense os directos 2021

Esta semana tivemos os últimos directos do 2021. Aínda queda moito curso para seguir creando na radio e tal e como os axudantes de 5º e 6º se manexan na Radio BBS nos micros e na técnica, de seguro que quedan moi bos directos e podcast por gozar. Parabéns, rapaces e rapazas, sodes uns cracks!

17 de decembro de 2021

De viaxe polo Barbanza 4

Aquí temos as últimas propostas deste ano, de saídas en familia pola nosa contorna. Os Cadernos de Viaxe veñen cargados de propostas e boas ideas 😀
Moitas grazas a Anta, Xiana, Leo, Antía e ás súas familias por compartir fotos de lugares tan fermosos e darnos ideas para descubrir a nosa comarca. 
 
Deste volta temos:
- O Pozo Bastón 
- A Senda do río Té 
- Praia de Ladeira en Corrubedo 
 
No ano 2022 teremos máis!

11 de decembro de 2021

Onde foi Barriga Verde?

Estes días temos no colexio unha exposición sobre Barriga Verde, elaborada pola Asociación Cultural Morreu o Demo. Onde foi Barriga Verde? é unha oportunidade única de descubrir ao personaxe máis famoso dos espectáculos de títeres da primeira metade do século XX en Galicia e de entender a súa importancia e os motivos que levaron á súa desaparición. 
 
Grazas á A.C. Morreu o demo por prestarnos a exposición!