Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións

28 de xuño de 2021

Profesións do mar

En Sexto, a raíz das entrevistas ás mulleres sobre os traballos relacionados co mar e o campo, decidiron investigar un pouco máis sobre algunhas das profesións do mar. Aquí tedes os resultados:

8 de novembro de 2020

Embarcacións en 2º

 Na clase de 2º estiveron traballando sobre as embarcacións tradicionais,. dentro do noso PDI Montemar. Nos obradoiros do venres elaboraron libros con lapelas con toda a información que recolleron. Xa son uns expert@ en embarcacións! 😍







5 de xuño de 2020

A saúde dos nosos océanos

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

No Día Mundial do Medio Ambiente enlazamos unha páxina que nos leva ao fondo da Ría de Vigo da man de dúas mergulladoras afeccionadas que decidiron compartir a súa paixón polos fondos mariños nun proxecto de educación ambiental denominado 13 grados, a temperatura á que adoita estar a auga no fondo da ría de Vigo. Na páxina na que comparten o seu traballo podedes atopar información sobre o fondo mariño e os seus habitantes,vídos, fotos, enlaces con entidades e proxectos de conservación e defensa dos mares... Pensamos que é unha boa proposta para visitar e continuar aprendendo sobre os nosos mares, hoxe e sempre.

25 de marzo de 2020

A Fondo 2

2º entrega de A Fondo, o programa de investigación da BBS TV. Quedáranos pendente e aquí está, por fin! Que ganas de volver facer radio, televisión, contacontos, poesía... con tod@s vós! 😍

8 de marzo de 2020

A fondo

Nova entrega do obradoiro de Radio e TV. Neste caso estreamos programa A fondo programa da BBS TV no que presentaremos resultados de pequenas investigacións sobre diferentes temas.Seguimos argallando, fedellando e aprendendo 😉

29 de febreiro de 2020

A nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra

Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar,  escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!

Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade!







3ª quenda de obradoiros

Este venres comezamos cunha nova quenda nos nosos obradoiros, xa imos pola 3º rotación e seguimos aprendendo e creando ao redor do mar.














27 de febreiro de 2020

Rianxo cociña o mar

Enlazamos unha publicación que acaba de saír, Rianxo cociña o mar, que "recolle da man de hostaleiros e hostaleiras locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais". 
Interesante recurso para traballar e prender sobre alimentación e mar desde a nosa realidade. Investigarémolo a fondo 😉

https://omarfeitotradicion.gal/gastronomia