Amosando publicacións coa etiqueta animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animais. Amosar todas as publicacións

25 de marzo de 2020

A Fondo 2

2º entrega de A Fondo, o programa de investigación da BBS TV. Quedáranos pendente e aquí está, por fin! Que ganas de volver facer radio, televisión, contacontos, poesía... con tod@s vós! 😍

8 de marzo de 2020

A fondo

Nova entrega do obradoiro de Radio e TV. Neste caso estreamos programa A fondo programa da BBS TV no que presentaremos resultados de pequenas investigacións sobre diferentes temas.Seguimos argallando, fedellando e aprendendo 😉

29 de febreiro de 2020

A nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra

Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar,  escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!

Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade!







4 de maio de 2018

Pitiños no cole

Na entrada da biblioteca, hai 21 días, Tino colocou unha incubadora de "fabricación caseira", mellor dito de "fabricación Tino", con 24 ovos.  Ao longo destes días foinos explicando en grupos, como estaba feita, para que era, que podiamos agardar...




Tiñamos unha contatrás que cada día ía baixando día a día, e a data prevista de eclosión era o venres 4 de maio. Pero o xoves aos chegar ao cole atopámonos cunha sorpresa! 😍


Ao longo da mañá fomos vendo máis ovos escachando e un par de pitiños máis asomando as cabezas e a última hora da mañá, cando xa saíran os buses... Apareceu o primeiro pitiño negriño.
 






Hoxe venres, o día que en principio estaba previsto veríamos os pitiños... Vimos moitos e pasamos a mañá facendo visitas á incubadora e establecendo quendas para "flipar cos nosos pitiños".



 Grazas, Tino, pola mellor lección de Naturais do curso! 
Esta non nos esquece nunca. 😊