Este é o espazo no que se atopan os podcasts da Radio BBS, ordenados cronoloxicamente. Preme sobre o número do programa para poder escoitalos.
Maio 2024: O alumnado de 4º de Proxecto Competencial comparte neste podcast o seu traballo ao redor da escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
Maio 2024: O alumnado de 5º de Proxecto Competencial fálanos sobre Luísa Villalta, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
Maio 2024: O alumnado de 4º curso realizou un podcast dentro do proxecto da biblioteca "Sempre dando a nota" e do proxecto "Donas de si" sobre as mulleres na música galega.
Maio 2024: Alumnado de 5º comparte música de hip hop e información sobre grupos e interpretes que coñeceron durante o proexecto sobre hip hop que realizaron para preparar os seus disfraces de Entroido, no marco do proxecto Sempre dando a nota. Parte 2.
Maio 2024: Alumnado de 5º comparte música de hip hop e información sobre grupos e interpretes que coñeceron durante o proexecto sobre hip hop que realizaron para preparar os seus disfraces de Entroido, no marco do proxecto Sempre dando a nota. Parte 1.
Maio 2023: Alumnas de 3º e 6º entrevistan ao músico rianxeiro Bernal Muíños que realizou un concerto didáctico de jazz co cuarteto TbA.
Marzo 2023: Alumnado de 3º elaborou un programa para conmemorar o Día da Poesía, 21 de marzo 2023.
Marzo 2023: Alumnado e familias do CEP Brea Segade recitan coplas recollidas na parroquia de Taragoña por Xosé Mª Brea Segade. Actividade enmarcada no programa Lectura e familias 2023.
Xaneiro 2023: O alumnado de 6º de Valores Sociais e Cívicos comparte o proxecto que realizou en torno ao Día da Discapacidade.
Abril 2022: Alumnado de 5º e 6º entrevista á escritora Andrea Maceiras, que estivo na BBS para falar sobre a súa obra A folla azul, premio Merlín de Literatura Infantil 2020.
Marzo 2022: O alumnado de 2º recita Taragoña de Xosé Mª Brea Segade no marco da celebración do Día da Poesía.
Febreiro 2022: Entrevista a Montse Rivera e Xiao Berlai, membros do grupo Pesdelán que estivo no CEP Brea Segade co seu espectáculo Entroidanzas o venres 25 de febreiro do 2022.
Febreiro 2022: Sementade pensamentos. O alumnado de 5º comparte os seus pensamentos en forma de haikus para conmemorar o Día de Rosalía 2022.
Xaneiro 2022: O alumnado de 3º, 4º e 5º expresa por medio de poemas de creación colectiva o que pensan e senten sobre a Paz.
31 de xaneiro 2022: Entrevista ao escritor Gonzalo Moure que estivo na BBS para falar sobre o libro de creación colectiva, El niño de luz de plata, que é unha das publicacións do proxecto Bubisher.
Decembro 2021: Entrevista a Silvia Ferre, Miro Lamas e Alfredo Susavila, músicos rianxeiros, que estiveron no noso colexio agasallándonos cun concerto didáctico de jazz.
Novembro 2021: Entrevista a Adrián Mosquera, piragüista rianxeiro que participou nas paraolimpiadas de Tokio 2021.
Outubro 2021. Entrevista a Miguel Rial e Emilio Saborido, membros da Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña, realizada polo alumnado de 5º dentro dun proxecto sobre monte en mancomún.
Outubro 2021. Programa elaborado polo alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5º, sobre o monte mancomunado.
Marzo 2021. Entrevista aos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero coincidindo coa súa actuación no CEP Brea Segade co espectáculo 24 instrumentos populares galegos.
Marzo 2021. Serie de 16 entrevistas a mulleres que traballan ou traballaron no mar, no monte ou nas leiras. As entrevistas foron realizadas por alumnos e alumnas do colexio a familiares ou amigas. Cada entrevista constitúe un podcast independente.
Febreiro 2021. Rosalía de Castro. Lectura colectiva da obra de Helena Villar Janeiro, Rosalía, publicada pola Fundación Rosalía de Castro. Intervén alumnado de todos os cursos do colexio.
Programa 6
Maio
2020. Ricardo Carvalho Calero. Programa especial Letras Galegas 2020,
feito desde as casas coa colaboración das familias, recitando unha
escolma de poemas do escritor homenaxeado e do alumnado de 5º de
Primaria, que fala sobre a vida e obra do autor.
Programa 5
Abril 2020. Abre as xanelas! Programa feito desde as casas coa colaboración de reporteiros e reporteiras que abren as súas xanelas e contan o que ven en diferentes lugares de Rianxo e a súa contorna.
Programa 4
Marzo 2020. Especial participación do CEP Brea Segade no Salón do Libro de Pontevedra.
Programa 3
Febreiro 2020. Especial Entroido no Brea Segade realizado polo equipo da terceira quenda do obradoiro de radio.
Programa 2
Xaneiro 2020. Programa adicado ao Día Escolar da Non Violencia e a Paz coa participación de todos os cursos do colexio. Neste programa recítanse poemas sobre a Paz recollidos na escolma Poemas para construír a Paz realizada pola Biblioteca Brea Segade.
Programa 1
Xuño 2019. Programa sobre profesións relacionadas coa alimentación realizado polo alumnado de 2º, 3º e 4º como peche do Proxecto Documental Integrado, Decotío...Sopa de Letras. Inclúe entrevistas a familiares do alumnado.
Programa 0
Febreiro 2019. Podcasts elaborados con Laboratorio de Radio nas xornadas de formación con alumnado e profesorado, dentro do proxecto Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Inclúe podcasts sobre: alimentación, Entroido, a plantación realizada en colaboración coa ANPA e Fousas ao Monte, a tradición dos dentes na lareira e as novidades da BBS.
Programa 0
Febreiro 2019. Podcasts elaborados con Laboratorio de Radio nas xornadas de formación con alumnado e profesorado, dentro do proxecto Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Inclúe podcasts sobre: alimentación, Entroido, a plantación realizada en colaboración coa ANPA e Fousas ao Monte, a tradición dos dentes na lareira e as novidades da BBS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario