Os venres o cole arrecende a repostería. No obradoiro de nutrición e cociña comezaron esta semana a elaborar doces caseiros, sen conservantes nin colorantes, ricos e sans: galletas de nata. Porque tamén nos merecemos larpeiradas e que mellor que facelas nós.
27 de outubro de 2018
Creamos con Stop Motion
Os venres no Brea Segade creamos curtas de animación coa técnica de Stop Motion. Buscar ideas, escoller personaxes, elaborar o guión, dar vida a froitas e verduras, preparar personaxes e decorados con plastilina e gravar coas tablets. Estas son imaxes do obradoiro de creación con Stop Motion, en breve compartiremos as primeiras producións.
Nas ondas
Venres tamén é día de radio no Brea Segade. Día de preparar o programa, revisar escaleta, practicar voces e facer a gravación radiofónica. Aquí tedes ao grupo do obradoiro de radio en acción.
No supermercado
Os venres imos ao supermercado no Brea Segade. É día de facer lista da compra, valorar prezos, contar cartos e ir mercar con "sentidiño". Mirade canta actividade hai no obradoiro de supermercado.
25 de outubro de 2018
Pereira de Lobos no Brea Segade
O mércores pola tarde a compañía de teatro afeccionado Pereira de Lobos, formada por mestras e mestres do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril, representou no Brea Segade as Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. Como nos gustou a montaxe! Combinan titeres, actrices e actores para dar vida a un texto moi fermoso e de permanente actualidade, que fala das desigualdades e da xustiza.
Grazas a todas as familias que viñestes celebrar o Día da Biblioteca con nós e grazas aos compañeir@s de Pereira de Lobos polo cariño e a paixón que poñedes en cada obra e por dar vida á Berenguela de Manuel María. Grazas, Merchi, por pensar sempre na BBS.
Grazas a todas as familias que viñestes celebrar o Día da Biblioteca con nós e grazas aos compañeir@s de Pereira de Lobos polo cariño e a paixón que poñedes en cada obra e por dar vida á Berenguela de Manuel María. Grazas, Merchi, por pensar sempre na BBS.
Bravo, Pereira de Lobos! |
Flipando co espiritu do monte |
Poéticas diversas: Xosé Mª Brea Segade
Este mércores lemos a Xosé Mª Brea Segade nas aulas, poesía de Taragoña para celebrar o Día da Biblioteca, poética diversa que nos dá nome como centro. Escollemos o poema Rianxo, Rianxo, para facer marcapáxinas decorando un fragmento dese poema que fala de nós e da nosa contorna.
Saíron as Mochilas Viaxeiras!
1º sorteo das Mochilas Viaxeiras
No recreo do Día da Biblioteca sorteamos as primeiras Mochilas Viaxeiras deste curso. Tres dos nos@s axudantes encargáronse de ir sacando as bolas do bombo ante a expectación dos que querían ser os primeiros afortunad@s.
24 de outubro de 2018
Poéticas diversas na biblioteca escolar
Hoxe é o Día da Biblioteca, tamén da Biblioteca Escolar. Como todos os anos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia propúxonos un lema e unha imaxe para o curso 2018/2019. Con este fermoso cartel da ilustradora Nuria Díaz recibimos un convite para encher as nosas bibliotecas e os nosos centros de poesía, en todas as súas formas e manifestacións. E nós, desde a Biblioteca Brea Segade, sumámonos encantad@s ao convite. Benvidas, poéticas diversas!
Feliz Día da Biblioteca!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)