24 de outubro de 2018

Poéticas diversas na biblioteca escolar


Hoxe é o Día da Biblioteca, tamén da Biblioteca Escolar. Como todos os anos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia propúxonos un lema e unha imaxe para o curso 2018/2019.  Con este fermoso cartel da ilustradora Nuria Díaz recibimos un convite para encher as nosas bibliotecas e os nosos centros de poesía, en todas as súas formas e manifestacións. E nós, desde a Biblioteca Brea Segade, sumámonos encantad@s ao convite. Benvidas, poéticas diversas!

Feliz Día da Biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario