Amosando publicacións coa etiqueta saídas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas b>. Amosar todas as publicacións
27 de abril de 2020
Primeiras saídas
Onte moitos/as de vós saístes por primeira vez en semanas. Estas son algunhas imaxes dos vosos espazos de paseo de onte. Somos afortunad@s, o paraíso existe! E témolo ao pé da casa, a menos dun quilómetro e menos dunha hora! 😍
12 de febreiro de 2019
No Museo Valle-Inclán
Hoxe 1º, 2º, 3º e 4º participaron nunha visita guiada ao Museo Valle Inclán na Pobra do Caramiñal. Era a primeira vez que o noso cole visitaba o Museo, pese a estaren tan cerca e gustounos moito, volveremos.
10 de outubro de 2018
Animais de compañía
Imos ao teatro! Mañá 1º, 2º, 3º e 4º irán ao Auditorio de Rianxo a ver a obra
Animais de compañía, un espectáculo de Teatro do Noroeste sobre un texto de Eduardo Alonso.
27 de setembro de 2018
Ao encontro do Pozo Bastón
Mañá imos de camiñata polas terras do Araño! Este é o triptico co que preparamos a visita nas aulas.
14 de abril de 2018
No Salón do Libro de Pontevedra
O martes fomos de excursión a Pontevedra. Visitamos o Salón do Libro pola mañá e o Museo de Pontevedra pola tarde.
No Salón como centro participante tivemos unha actividade de animación previa á visita. Para os de 1º e 2º foi un contacontos cunha contadora mexicana e para 3º e 5º un obradoiro sobre diversidade e igualdade.
En cantounos a ambientación do Salón sobre a temática deste ano, Mulleres de Conto. Gustáronnos moito as actividades e os xogos na visita guiada. Parabéns, un ano máis á organización, e grazas aos monitores e monitoras que nos acompañastes.
Ao mediodía chovía a cachón pero tivemos a sorte que nos acolleran para xantar no CEIP Xunqueira 2. Foron superamables con nós, comemos a cuberto, xogamos no patio... Grazas!
Pola tarde parou de chover un pouco e puidemos ir á andar ao Museo de Pontevedra. Participamos en tres actividades: Da paleta ao lenzo para os pequen@s, O retrato para 3º e A prehistoria para 5º. O Museo sempre nos sorprende e sempre saímos con ganas de volver.
Foi un gran día, pese á chuvia e a case non poder pasear por Pontevedra, algo que tanto nos gusta.
Para ver o álbum de fotos da saída premede AQUÍ.

![]() |
| A nosa maqueta! |

25 de febreiro de 2018
Na Casa Museo de Rosalía
Dentro da programación de actividades para conmemorar o 24 de febreiro, organizamos unha visita á Casa Museo de Rosalía, na Matanza en Padrón, na que participou o alumnado de 2º a 6º. Dividímonos en tres quendas e visitamos o Museo e o Xardín Botánico Artístico de Padrón. Había tempo que non iamos á Casa de Rosalía co colexio e foi moi agradable ver os cambios e a modernización do Museo, que é hoxe máis atractivo, especialmente para o alumnado de Primaria, sen que se perdera a esencia e a relevancia da casa. É unha visita imprescindible por todo o que podemos descubrir e aprender sobre a nosa lingua, a nosa literatura, a nosa cultura, a nosa natureza... Acompañounos o tempo e puidemos pasear devagar pola horta e descubrir o seu enorme valor natural e histórico, demorar na visita á casa e tamén facer un xogo no Xardín Botánico para descubrir unha parte da súa enorme riqueza natural. Foi unha mañá de aulas abertas, chea de aprendizaxes e experiencias que lembraremos e que sen dúbida repetiremos.
![]() |
| 2º recitando a Rosalía |
![]() |
| 3º recitando a Rosalía |
No Xardín Botánico Artístico.
![]() |
| Castelao no Xardín Botánico |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)