25 de xuño de 2019

Radio BBS: programa 1


Aquí tedes o programa de radio elaborado polos nenos e nenas de 2º, 3º e 4º en colaboración coas súas familias, como actividade final do proxecto deste curso sobre alimentación e ecoloxismo. Comezaron recollendo información sobre os traballos relacionados coa alimentación que realizaban os seus familiares. Analizaron os datos recollidos, fixeron gráficas e clasificaron os traballos por sectores económicos. Con todo ese material elaboraron o guión para un programa de radio, entrevistando a tres dos seus familiares: unha traballadora dun supermercado, unha peixeira e unha traballadora da conserva. Aquí tedes o resultado: o primeiro programa gravado no estudo da Radio BBS! 😍

Parabéns rapaces e rapazas! 
Se este é o noso primeiro programa... O que tal poderemos chegar a facer!

Moitas grazas a Carmen María, Emma e Lorena por colaborar con nós e facelo tan ben! 😘😘😘

https://drive.google.com/file/d/1HuP1Rr_f-JpPdSXxKsQPELfWF6tlaB6q/view

Máis libros que veñen e van

Botabamos en falta algúns lectores e lectoras que sempre collen os seus Libros que veñen e van
Que gusto velos chegar! E velos marchar coas súas bolsas cheas de boas lecturas para o verán. Graciñas! 😉

22 de xuño de 2019

Parabéns á escola do Cruceiro!

A escola Rosalía de Castro de Campo de Pasos,  na que moitos dos nosos alumnos e alumnas cursaron Educación Infantil está de aniversario; 90 anos nin máis nin menos! 
Hoxe unha representación do CEP Brea Segade estivemos, coa comunidade escolar da Escola do Cruceiro e veciños e veciñas de Taragoña, celebrando eses 90 anos tan ben levados.
Moitos parabéns e moitos anos máis de escola pública e rural de calidade!
Noraboa polos actos do aniversario!



19 de xuño de 2019

Mañá de radio

Hoxe 3º e 4º estiveron gravando na Radio BBS; continúan co programa sobre profesións relacionadas coa alimentación. Tiveron dúas convidadas, Emma e Lorena, para falar dos seus traballos. 
Foi unha boa mañá de experimentación nos controis tećnicos, nos micros, como audiencia... Mañá de risas e tamén de nervios. Como nos gusta a radio! E que xogo nos vai dar no cole! 😍










No blogue de Terceiro.

18 de xuño de 2019

Despedida dos axudantes e axudantas da BBS

Hoxe despedímonos dos axudantes e axudantas da BBS e agradecémoslles o traballo realizado este curso. Foron imprescindibles para o bo funcionamento da nosa biblioteca e queriamos que o souberan e levaran un pequeno recordo destes meses de traballo compartido. 

Graciñas a todos e todas!

Boas vacacións!

Alimentación e Radio BBS

Esta semana os compañeiros e compañeiras de 2º, 3º e 4º andan liad@s cun programa de radio sobre alimentación. Será o primeiro programa gravado nos novos estudos da Radio BBS; non nos resistimos a facelo antes de rematar este curso. 😀 Irémosvos contando antes de colgar o produto final.



No blogue de Terceiro.

17 de xuño de 2019

Lecturas para saborear no verán

Este curso as nosas recomendacións de lecturas para "saborear" no verán irán na nosa revista escolar, Charamuscas, que se repartirá a finais de semana. Aquí tedes as recomendacións para que vaiades escollendo "menú de lecturas".
Bo proveito!

16 de xuño de 2019

Avaliamos a BBS

Compartimos as gráficas cos datos das enquisas de avaliación de alumnado, familias e profesorado. Un ano máis recollemos opinións sobre a programación, os servizos e o funcionamento da BBS e tamén sobre a lectura e a información en xeral. As valoracións indican un alto grao de satisfacción de alumnado, profesorado e familias co traballo desenvolvido pola BBS e unha boa aceptación das propostas e novidades introducidas este curso. A información recollida nas enquisas será un dos puntos de partida do traballo do curso que vén.

Alumnado
 
Familias
 
Profesorado

13 de xuño de 2019

Creacións en 3D

No obradoiro de Espazo Argalleiro e impresión 3D probamos a facer deseños, pasalos polo programa Selva 3D para convertelos en arquivos stl e despois manipulalos no programa Cura de edicición para impresión 3D. Aquí tedes os resultados dos últimos obradoiros, algúns inspirados en alimentación e outros nos vosos gustos, pero todos eles de creación propia.






















12 de xuño de 2019

In memoriam: Charo Sanchez-Gabriel

Querida compañeira, querida amiga. 

Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na túa lembranza. 
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuiches a fundar. E xa daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos dos seus fillos. A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para quen tivemos a honra de tratarte. Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no universo da Bibliotecas Escolares de Galicia, un valeiro irreemplazable. 
Pero o de hoxe é difinitvo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que precisamos neste momento xente coma ti! 
 As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante. Os que te coñecimos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos un abrazo cariñoso á túa familia. Os que non tivéchedes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de entender o mundo paseando polo blogue que creou: Mesturas 

Ata sempre, Charo! 

Pilar Sampedro, Carmen Suárez, Isabel Vázquez, Beni Nerga, Emilio Roca, Olga Rodríguez e a familia PLAMBE

Bolsas de lectura de verán

11 de xuño de 2019

Investigando

Temos na entrada do cole algúns dos libros con lapelas que crearon no obradoiro de investigación ao longo destes últimos meses. Moito e moi bo traballo sobre diferentes alimentos, algúns deles moi pouco coñecidos.








8 de xuño de 2019

Libros que veñen e van!


Decotío...Sopa de Letras: Obradoiros

Rematamos os obradoiros que este curso levamos a cabo todos os venres para desenvolver o noso proxecto Decotío...Sopa de Letras. Foi moito o compartido, o aprendido, o traballado ao longo destes meses e as valoracións de alumnado e profesorado son moi boas. 
O venres pasado alumnado e profesorado recibimos uns diplomas da BBS polo grande traballo realizado. Parabéns a tod@s!


Diplomas en 4º

Diplomas en 3º

Na BBS tod@s contamos: Regina

A nai de Nerea, Regina, estivo na biblioteca o mércores pasado lendo algúns dos contos da exposición de libros portugueses para a clase de 3º. Regina é brasileira e ofreceuse a ler ensinarnos como soarían en brasileiro eses contos que tanto nos gustaron. Lidos por ela aínda nos gustaron máis!


Rematamos os obradoiros

Todo o bo remata e o venres 31 de maio rematamos os obradoiros, ese tempo de aprendizaxes compartidas e creativas que tantas alegrías nos deu ao longo do curso. 

Etiquetaxe e nutrición




Espazo Argalleiro e impresión 3D



Cociña
 


Horta
 



Investigación



Ciencia divertida



Stop Motion