Feliz Día do Libro Infantil!
Amosando publicacións coa etiqueta literatura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura b>. Amosar todas as publicacións
2 de abril de 2021
28 de maio de 2020
15 anos de literatura infantil e xuvenil galega
A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar unha guía que recolle os libros de literatura infantil e xuvenil en galego que tiveron máis presenza nas bibliotecas escolares galegas nos últimos 15 anos. Esta guía constitúe un documento imprescindible para coñecer e poñer en valor a riqueza da nosa literatura infantil e xuvenil.
Acompaña a guía un díptico informativo e un mapa coas achegas realizadas para a elaboración desta guía, polas diferentes bibliotecas escolares galegas, incluíndo a BBS.
Estamos pois ante un valiosísimo material, de consulta obrigada para mediadores/as da lectura: educadores/as, pais, nais, bibliotecarios/as e para amantes da literatura e a cultura en xeral.
Parabéns e grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por estes documentos.
29 de xuño de 2018
Xabier P. Docampo
Este martes, 26 de xuño, faleceu un dos grandes escritores e referentes da literatura infantil e xuvenil galega, Xabier P. Docampo. En 1995 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Cando petan na porta pola noite, un dos seus títulos máis coñecidos, pero son moitas as súas obras imprescindibles como O misterio das badaladas, O pazo baleiro, A casa da luz, Bolboretas, O libro das viaxes imaxinarias... No 2017 publicou A nena do abrigo de astracán que gañou o Premio de narrativa na III Gala do Libro Galego 2018.Imposible non facer referencia ao seu compromiso coa lingua, coa cultura, coas bibliotecas, co ensino. Fóisenos un dos grandes das nosas Letras, pero nos queda a súa obra para manter viva a súa lembranza e gozar dela. Que así sexa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

