Amosando publicacións coa etiqueta Galetras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galetras. Amosar todas as publicacións

8 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Achegámonos ao Día das Letras Galegas, no cole celebrarémolo o vindeiro venres, pero xa levamos semanas traballando sobre o escritor homenaxeado este ano: Lorenzo Delgado Guariarán. 

Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra enlazamos, como cada ano, unha páxina cos recursos en rede dispoñibles, que iremos enriquecendo a medida que vaiamos atopando máis materiais interesantes.No menú da man dereita tedes o enlace á páxina, así como as páxinas dos homenaxeados nos últimos anos.

Recomendamos moi especialmente A Primavera das Letras, páxina da Real Academia Galega para o público infantil, con información e actividades. Este ano Ledicia Costas foi a encargada de elaborar a biografía do escritor e Blanca Millán elaborou as ilustracións. É unha marabilla! Deixádevos levar por Ledicia e Blanca para descubrir a vida de Florencio Delgado Gurriarán, paga a pena.

17 de maio de 2021

Xela Arias: Letras Galegas 2021

Hoxe é o Día das Nosas Letras! 
Este ano adícanse a unha muller, poeta, tradutora, editora e profesora de ensino secundario: Xela Arias. 
Convidámosvos a escoitar os seus poemas musicados, a ver vídeos sobre a súa vida e a súa obra, a ler os seus poemas e as súas traducións. Tal e como levamos facendo nas aulas nas últimas semanas, entrade na páxina que creamos para Xela e  descubride a súa interesantísima vida e obra. 
Pero sobre todo, convidámosvos a que celebredes o Día das Letras Galegas como facedes cada día do ano: falando galego, vivindo en galego e mergullándovos na nosa cultura desde a tradición oral á produción literaria, audiovisual e musical máis vangardista. 
 
Mil primaveras máis para a nosa lingua! 
 
Feliz Día das Letras Galegas. 
 
 

6 de abril de 2021

Letras Galegas 2021: Xela Arias

 

Como cada ano, desde a BBS creamos unha páxina na    que enlazamos recursos e materiais para descubrir, nas aulas e nas casas, a vida e a obra da escritora homenaxeada nas Letras Galegas. Este ano as Letras teñen nome de muller: Xela Arias. Convidámosmos a explorar estes materiais para coñecer á poeta, tradutora, editora e profesora Xela Arias.

No menú da man dereita tedes esta ilustración de Xela, que vos levará directamente aos recursos e materiais que xa se foron publicando e que continuaremos engadindo a medida que vaian aparecendo.

20 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

As pitas baixo a choiva é un relato de Ricardo Carvalho Calero. A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración con Edicións Embora realizou a edición deste relato e un proxecto educativo que inclúe música e actividades para realizar con crianzas.
Entrade neste enlace para ver o conto, as cancións e as actividades. Vanvos gustar!

Parabéns á Coordenadora de ENL de Ferrolterra e a Edicións Embora por esta iniciativa.

http://aspitas.gal/

18 de maio de 2020

Onde está o verso?

Ao longo da semana iremos publicando achegas que as familias fixestes recitando poemas de Ricardo Carvalho Calero a maiores do que foi o programa das Letras Galegas da Radio BBS. Seguimos celebrando a nosa lingua e descubrindo a obra do escritor homenaxeado este ano. Comezamos con Onde está o verso? recitado por Ana, a nai de Adrián e Icía. 
Moitas grazas, Ana!

17 de maio de 2020

Radio BBS: Letras galegas 2020





Música: Variacións sobre o tema Alalá-Cantar das Ribeiras de Rianxo do Fondo Casto Sampedro. 1898. Compositor e intérprete: José Nine Ces

Voces: Juan, Monchi, Sheila, Adolfo, Rebeca, Alberto, María, Rosa, Tero, Paula, David, Cova, Jose Luis e o curso Edixgal de 5º de Primaria do C.E.P. Xosé María Brea Segade.

Obrigado a todos/as os que participastes neste programa especial Letras Galegas 2020, homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.

Feliz Día das Letras Galegas!

17 de maio de 2019

Festival das Letras 2019

Este xoves celebramos no cole o Festival das Letras, organizado pola Aula de Música e o Equipo de Dinamización Lingüistica. Boa parte dos temas interpretados polo alumando do cole procedían da obra de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, Cantan os nenos. O libro de María.
Un ano máis, quedamos abraiados coas interpretacións dos nosos nenos e nenas, coa calidade do repertorio e dos arranxos e co seu saber estar enriba do escenario e tamén como público. Todo isto é froito do traballo ao longo de todo o curso e sobre todo da sensibilidade e a dedicación do noso profe de música. Noraboa, José Luis!

Parabéns a tod@s! Sodes uns artistas!
 

A Nosa Fonte

                                                                                                                                            Luís Davila 2019 

Feliz Día das Nosas Letras