8 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Achegámonos ao Día das Letras Galegas, no cole celebrarémolo o vindeiro venres, pero xa levamos semanas traballando sobre o escritor homenaxeado este ano: Lorenzo Delgado Guariarán

Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra enlazamos, como cada ano, unha páxina cos recursos en rede dispoñibles, que iremos enriquecendo a medida que vaiamos atopando máis materiais interesantes.No menú da man dereita tedes o enlace á páxina, así como as páxinas dos homenaxeados nos últimos anos.

Recomendamos moi especialmente A Primavera das Letras, páxina da Real Academia Galega para o público infantil, con información e actividades. Este ano Ledicia Costas foi a encargada de elaborar a biografía do escritor e Blanca Millán elaborou as ilustracións. É unha marabilla! Deixádevos levar por Ledicia e Blanca para descubrir a vida de Florencio Delgado Gurriarán, paga a pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario