Amosando publicacións coa etiqueta Paola Guimeráns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paola Guimeráns. Amosar todas as publicacións

25 de abril de 2021

Makey Makey e aprendizaxe de idiomas

O venres o alumnado de Terceiro participou no obradoiro "Xoga, crea e aprende idiomas" impartido por Paola Guimeráns. Neste obradoiro traballaron con  Scratch e a placa MaKey MaKey. Con Scratch aprenderon a programar e con MaKey MaKey viron como converter case calquera obxecto nun teclado alternativo. Usando materiais cotiáns, crearon e xogaron a un videoxogo para aprender vocabulario en inglés, castelán e chinés. O obradoiro forma parte dunha investigación sobre tecnoloxía e idiomas na que está participando Paola. Os nenos e nenas de Terceiro tiveron a sorte de poder participar desde a Aula de Inglés. 

Grazas, Paola! Canto aprendemos contigo!










26 de marzo de 2021

Obradoiros con Paola Guimeráns: Makey Makey

Primeiro e Segundo traballaron coa placa Makey Makey creando unha historia en banda deseñada. Usaron a robótica e a programación como recurso para traballar a creación e ilustración de historias. 

PRIMEIRO







SEGUNDO








E tamén houbo tempo de montar unha orquestra robótica! 😍 🎶🎵


 

Obradoiros con Paola Guimeráns: micro:bit

Esta semana tivemos a Paola Guimeráns de novo na BBS. Veu realizar obradoiros de programación con dúas placas diferentes. Estes obradoiros enmárcanse no proxecto Bibliotecas Creativas promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, do que formamos parte hai xa catro cursos e que deu lugar á creación do Espazo Argalleiro na BBS.

O grupo de 4º traballou con Micro:bit e papel, elaborando robots mariños para coidar e defender os nosos mares. Neste obradoiro integráronse obxectivos e contidos de robótica, programación, educación artística e desenvolvemento sostible. Deseñaron e crearon  mascotas robóticas descubrindo o funcionamento das placas Micro:bit e nocións basicas de programación. Robótica e programación ao servizo do medioambiente, o mellor enfoque posible!  Foi moi interesante, aprendemos un montón e quedamos con ganas de afondar nesta placa e as súas posibilidades. 





29 de novembro de 2020

Biblioteca creativa: Paola Guimeráns

Este venres Paola Guimeráns estivo no Brea Segade para levar a cabo 4 obradoiros sobre E-textis. Estes obradoiros enmárcanse no proxecto Bibliotecas Creativas promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, do que formamos parte hai xa catro cursos e que deu lugar á creación do Espazo Argalleiro na BBS. Tiñamos moitas ganas de coñecer o seu traballo e a súa proposta de introducir nas bibliotecas escolares o traballo con electrónica, papel e textis. Foi unha mañá fantástica! Catro obradoiros baseados na creatividade, a experiencia e a manipulación, nos que traballamos sobre electrónica e robótica e nos que tod@s gozamos, aprendemos e nos divertimos moito. Foi o primeiro paso dun camiño que queremos continuar. Quedamos con ganas de máis!

Grazas, Paola!

Entrade en cada obradoiro para ver o que fixemos:

Circuítos e papel

Placa Makey Makey 

E-textis

E-Textis

O grupo de 6º traballou con circuítos e textis. Crearon un personaxe con dúas lámpadas led, unha batería e un circuíto cosido con fío condutor. Foi moi interesante achegarse á electrónica desde a creación con teas, ver a toda a clase gozando coa costura e experimentando con leds e baterías. Saíron personaxes ben xeitosos, moi imaxinativos... Só poidemos empezar a imaxinar as historias que protagonizarían eses personaxes "con luz propia"😉, seguiremos...














Placa Makey Makey

Os grupos de 1º e 2º, en dúas sesións diferentes, descubriron os superpoderes das pinzas crocodilo e algunhas das moitísimas posibilidades da placa Makey Makey. De novo un obradoiro para aprender experimentando coa tecnoloxía, manipulando, creando e gozando con todo o que ían descubrindo. 








Tremenda festa cos primeiros sons! O Makey Makey é máxico!