Amosando publicacións coa etiqueta Abril mes dos libros 23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abril mes dos libros 23. Amosar todas as publicacións

2 de maio de 2023

Sorpresa!

Hoxe tivemos un espectáculo de contos, monicreques e teatro na BBS, a cargo da Xanela do Maxín. Titulábase Sorpresa! e así foi, Sara Laya foi sorprendéndonos con historias que saian de catro caixas de cores (auga, vento, terra e lume) e que falaban sobre medioambiente, contaminación, participación, reciclaxe, reutilización, repartir... Asistimos todo o alumnado do colexio en dúas quendas e gustounos moito, a grandes e pequen@s. 

Grazas ao Consorcio Editorial por achegar Sorpresa! á nosa biblio.  

Grazas, Sara, por contarnos tantas cousas importantes dun xeito tan ameno e divertido. 










28 de abril de 2023

Radio na biblio

Este xoves as aulas de 4º e 5º participaron en dous obradoiros de radio co xornalista e locutor de Radio Voz Pablo Portabales. Estes obradoiros enmárcanse nas actividades do proxecto Radio na Biblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares do que a BBS forma parte desde xa hai uns anos. É unha inmensa sorte poder aprender e experimentar con profesionais como Pablo, que achegan a escola a súa  experiencia no día a día do traballo na radio e axudan a fortalecer e potenciar o proxecto da Radio BBS.

Grazas, Pablo, por compartir o teu tempo e a túa experiencia con nós. 







Lectura e familias: Airiños

O mércores gozamos dunha nova tarde de contos coa compañía de teatro Airiños. Desta volta tivemos bruxas, ogros, catarros pillabáns, burros, corvos, unha vella moi lista, un vello lacazán... e ata unha orquestra improvisada, que o fixo de marabilla. Unha vez máis, conseguiron que entraramos da súa man nos contos e que o pasaramos en grande. Como nos gusta ter a Airiños na nosa biblio! 😍

Grazas Merchi, Fran, Pablo, Morán e Amantia! 

Grazas, Airiños!










23 de abril de 2023

Dar de ler

Compartimos a mensaxe que Montse Pena escribiu para agasallar ás bibliotecas escolares galegas no Día Mundial do Libro 2023. É un texto moi fermoso, homenaxe as mediadoras e mediadores da lectura. Grazas, Montse! Grazas, Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

  "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."

Feliz Día do Libro!

Dar de ler. Montse Pena Presas

Rianxo das Letras

21 de abril de 2023

Escornapiratas

Segunda sesión de robótica con Almu e Elena de Competencia Dixital. Cos escornabots construídos e funcionando, tocaba poñelos en acción. E iso fixemos, convertelos en embarcacións piratas e poñernos a resolver retos. Os escornapiratas son piratas con conciencia medioambiental, que se encargan de limpar os mares e océanos de plásticos. Para iso, cada equipo recibiu un taboleiro, pezas para transformalo en diferentes escenarios, retos e un pasaporte pirata. Diversión garantida! Que ben o pasamos! E descubrimos que no Brea temos piratas expert@s capaces de superar calquera reto escornabótico 😎

Pensar, razonar, xustificar, orientarse, traballar en equipo, divertirse... con escornabots. 

Grazas, Almu e Elena! 

Sempre conseguides sorprendernos e deixarnos con ganas de máis. 😍










Parabéns, escornapiratas!

12 de abril de 2023

Construíndo escornabots

Almu e Elena, de Competencia Dixital, conseguiron hoxe que perderamos o medo a fedellar con parafusos, placas, rodas, motores... e construiramos escornabots, colaborando grandes e pequenos/as. Cada familia recibiu un kit de pezas e unhas indicacións, que, seguindo paso a paso, deron como resultado sete escornabots que funcionan perfectamente e xa superaron os seus primeiros circuítos. Hoxe na BBS: concentración absoluta, traballo en equipo e alegría ao ver como se movían as nosas creacións. Pasounos a tarde voando e o bo é que para a semana, máis!

Grazas, Almu e Elena!