31 de outubro de 2019

Samaín 2019

O Samaín chegou ao Brea Segade e foi enchendo o cole de cabazas, bruxas, esqueletos,  pantasmas, arañas, gatos negros, medos, sustos e moitas ganas de pasalo de medo!!!! 😈👻


E xa no mércores, o día de Samaín no cole...





Feliz Samaín!

26 de outubro de 2019

A volta ao cole

O venres 25 o noso colexio participou na carreira solidaria contra a leucemia infantil,  A volta ao cole, unha iniciativa promovida pola ONG Unoentrecienmil.










Xornada Biblioteca Creativa

O venres celebrouse en Santiago unha xornada de formación para os centros que formamos parte dos proxectos Biblioteca Creativa, Radio na Biblio e Lía 2. Foi un día completo de charlas, obradoiros, mesas redondas e intercambio de experiencias organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), no que participaron dous membros do equipo de biblioteca do Brea Segade. Coma sempre que imos a unha das actividades formativas da Asesoría de Bibliotecas, volvemos coas baterías recargadas e a cabeza chea de ideas e proxectos.
Nunha das mesas redondas presentamos a nosa experiencia do curso pasado de traballo en obradoiros e no Espazo Argalleiro.
Grazas a Asesoría de Bibliotecas por contar coa BBS para esta xornada de formación.


24 de outubro de 2019

Landraina


Este sábado o colectivo veciñal Fousas ao Monte organiza unha recollida de landras pola Senda de Taragoña para despois sementalas en monte comunal da parroquia. Unha boa actividade para facer en familia o sábado á tarde. Animádevos!

Viveiro de Cidadanía

24 de outubro, Día da Biblioteca

Compartimos neste Día da Biblioteca o cartel e lema que a Asesoría de Bibliotecas Escolares propón ás bibliotecas dos centros de ensino de Galicia para o curso 2019-2020. Fermoso cartel e moi acaido lema; ábrennos un mundo de recursos e posibilidades de traballo.

Xa falta menos para que a BBS reabra as portas. Un pouquiño máis de paciencia 😉

13 de outubro de 2019

A Senda de Taragoña

Este venres o porto, as praias e a senda de Taragoña foron as nosas aulas. Traballamos Sociais, Naturais, Galego, Valores Sociais e Cívicos, Plástica e Matemáticas cos recursos que o noso entorno máis próximo pon ao noso dispor. 





Acompañounos Emilio Saborido, presidente da ANPA, directivo da Comunidade de Montes de Taragoña e membro fundador do colectivo veciñal Fousas ao Monte. Con el aprendemos a distinguir carballos de cerquiños, o que son os cocos dos carballos, recoñecer o loureiro, descubrir os tobos dos raposos, os nomes das calas que fomos atopando de camiño... Grazas, Emilio!