Xa temos o lema e o cartel cos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Asesoría de Bibliotecas Escolares, botan a andar o curso 2017-2018. Son o fío condutor dos materiais e propostas para as bibliotecas escolares galegas, un referente e guía obrigado para o noso traballo. Coma sempre escolleron un lema e un cartel suxerentes, motivadores e que definen perfectamente o modelo de biblioteca no que cremos e polo que apostamos.
Para entender todo o que o lema e o cartel queren transmitir entrade na páxina da
Asesoría.
Convidámosvos tamén a visitar a páxina de
Xosé Tomás, o ilustrador que realizou o cartel deste curso, para saber máis sobre a súa obra.
Desde a BBS estamos preparando todo para comezar a "abducirvos" no mes de outubro; xa queda menos!