29 de febreiro de 2020

A nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra

Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar,  escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!

Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade!







3ª quenda de obradoiros

Este venres comezamos cunha nova quenda nos nosos obradoiros, xa imos pola 3º rotación e seguimos aprendendo e creando ao redor do mar.














27 de febreiro de 2020

Rianxo cociña o mar

Enlazamos unha publicación que acaba de saír, Rianxo cociña o mar, que "recolle da man de hostaleiros e hostaleiras locais, as receitas máis tradicionais da gastronomía rianxeira, xunto con creacións culinarias máis innovadoras de profesionais da hostalería que reinterpretan a elaboración dos produtos locais". 
Interesante recurso para traballar e prender sobre alimentación e mar desde a nosa realidade. Investigarémolo a fondo 😉

https://omarfeitotradicion.gal/gastronomia

De plantación

Hoxe pola mañá saímos plantar en Campo Maneiro, na parcela que a Comunidade de Montes e Fousas ao Monte están a preparar para acoller ás cabuxas que non sexan nais ou crías. Estivemos, con Emilio Saborido, que nos falou do proxecto Máis ca leña, nos axudou a plantar seis nogueiras e nos guiou nunha camiñata pola zona de Campo Maneiro, ensinándonos árbores e comentándonos o que fomos atopando. Grazas, Emilio por ensinarnos tanto e tan ben!



Grazas, Emilio!

23 de febreiro de 2020

Entroido no Brea Segade


O venres celebramos un Entroido moi mariñeiro no Brea Segade. Foi unha mañá de disfraces, música, bailes, xogos, orellas, filloas, moitas risas e algún choro ao despedir ao noso Toribio, que nos acompañou ao longo da semana. 


Agora toca celebrar o Entroido en Taragoña, no Araño, en Rianxo... Son días de festa, aproveitádeos ao máximo.

Pasádeo moi ben!

No mar hai moitos peixes

Aquí tedes a montaxe do segundo grupo do obradoiro de teatro musical. Novo tema feito con monicreques de pau, actores e actrices que o bordan 😃 No mar hai moitos peixes de Mamácabra.


7º equipo de axudantes

Seguimos encantadas co traballo e a implicación de cada novo equipo de axudantes de biblioteca que se incorpora, e xa van sete! Esta semana tocoulles prestar caixas de lectura para a Hora de Ler, revisar e sortear Mochilas Viaxeiras, repoñer libros nos andeis... Na BBS non hai parada! 😃







Asinado contratos

Bo traballo!

Yellow submarine

Esta é a primeira das montaxes do obradoiro de teatro musical que se está a desenvolver os venres. Dánlle vida con monicreques de pau á historia do submarino máis famoso e máis cantado do mundo. 


Mochilas Viaxeiras no Entroido

No Entroido as Mochilas continúan viaxando, malo será que nestes días de troula, disfraces e larpeiradas non haxa un tempo para as lecturas, a música e as pelis.

Boas lecturas e bo Entroido!

Cadernos de Viaxe 6

Esta semana volveron as Mochilas Viaxeiras cos seus Cadernos de Viaxe compartindo debuxos, opinións, recomendacións e moito mar. Grazas a Roi, Minia, Adriana, Sergio, Mikel, Lucía, Sara e  Carmen e ás súas familias!









18 de febreiro de 2020

Até as princesas soltan peidos

Hoxe foron risas nos recreos lectores da BBS. Irene, Noa e Carla falaron de princesas e de peidos. E non hai nada coma falar de peidos para que botemos risas 😉 
Até as princesas soltan peidos de Ilan Brenman é unha historia moi divertida na que o pai de Laura abre o libro secreto das princesas e cóntalle á súa filla algo que ninguén sabía... Agora nós tamén sabemos ese grande segredo que a xente descoñece. Se non viñestes escoitar a Carla, Irene e Noa, as fantasticas que debutaron hoxe coma contadoras na BBS, non deixedes de buscar o libro na biblio, paga a pena.





Bravo contadoras! 👏👏👏