31 de marzo de 2023

Encontros Plambe 2022-2023

  

Hoxe é día de encontro e formación para os centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Alí estaremos, un ano máis, aprendendo e recollendo ideas, propostas e experiencias para traelas de volta á BBS. A formación é unha das claves do éxito do Plambe e a base da transformación das  bibliotecas escolares galegas nos últimos anos. 

30 de marzo de 2023

Radio BBS en familia

Este mércores tivemos unha nova sesión do programa Lectura e familias. Desta vez estivemos facendo radio, primeiro descubrindo a  Radio BBS e despois gravando un podcast entre grandes e pequen@s. 

Xa vimos que hai "madeira radiofónica" tamén entre as familias do Brea Segade. 😍 Estade atent@s á publicación do podcast!









29 de marzo de 2023

O Club Ciclista Padronés Cortizo

Hoxe o noso patio encheuse de bicis. Tivemos a segunda sesión cos adestradores do Club Ciclista Padronés Cortizo, a máis agardada, a sesión práctica. Todo o cole puido practicar nun circuíto que montaron no patio e mellorar as habilidades coa bici. Temos toda a Semana Santa para practicar, a ver se non chove! 

Grazas, Club Ciclista Padronés Cortizo!






26 de marzo de 2023

Sintaxe nas Xornadas de Linguas

Onte presentouse o método Sintaxe nas Xornadas de Linguas organizadas polo CAFI en Santiago. Alí estiveron Emilio Neira e o equipo de Sintaxe explicando en que consiste o método e os resultados que está tendo en Suíza. Tamén estivo profesorado do Brea para contar como está a resultar a experiencia de ser centro piloto de Sintaxe en galego. 

Imparable Sintaxe! Moi orgullos@s e content@s de poder formar parte desta experiencia. 

Parabéns a Emilio e a todo o equipo Sintaxe!



25 de marzo de 2023

Máis ca leña: 5º

Onte retomamos as visitas do proxecto Máis ca leña. Foi un día importante, a aula de 5º realizou a súa primeira visita guiada, despois de meses de traballo sobre os diferentes espazos e recursos que podemos atopar no itinerario de Máis ca leña. Estreáronse co alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro. 

Bravo, 5º! Fixéstelo de marabilla! Agora a continuar aprendendo sobre o noso monte para compartilo con máis  visitantes que irán chegando a área de Máis ca leña.

Grazas ao Obradoiro de Emprego de Boiro polo seu interese no proxecto e polo apoio aos rapaces e rapazas do Brea Segade que guían as visitas. 







22 de marzo de 2023

Lectura e familias: Radio BBS

 


Cada uno es como es

 Hoxe Xoana, Breixo, Sabela e Carlota foron os contadores do recreo. Escolleron Cada uno es como es de Jaume Copóns e Gusti, unha historia sobre unha pandilla moi especial na que tod@s son diferentes e tod@s son únicos. Moi boa escolla e moi bos contadores e contadoras. Bravo!


Moi ben!

Con Anxo Fariña: A cidade violeta

Este luns visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. Desta vez non veu falarnos da súa obra como xa fixera outros anos, se non que veu un desenvolver un obradoiro dos Contratos Programa: Inclúe-T, Emociona-T e Convive-T, que este ano se está a levar a cabo no noso cole. Coa súa Cidade Violeta falamos, debuxamos e coloreamos sobre a igualdade. 






21 de marzo de 2023

Mochilas Viaxeiras 10

 

Saíron de novo as Mochilas Viaxeiras, última viaxe deste trimestre. Que gocedes moito da escolma de fondos da BBS que compartimos con vós nas Mochilas!

19 de marzo de 2023

Mulleres que coñecer

Ao longo do mes de marzo o alumnado de Sexto estivo investigando sobre mulleres que lles resultaban interesantes e elaboraron breves biografías, coas que crearon un mural dixital. Aquí tedes a súa "galería de mulleres por descubrir". 

Usade a barra do lateral dereito para ver todas as publicacións. 


Hecho con Padlet

Un pouco perdido

Elsa, Vera, Sofía, Daniela e Leire foron as contadoras desta semana. Como esta semana tivemos moitas actividades no cole e na biblio, cambiamos o contacontos para venres, así que tiñamos tod@s, contadoras e público, moitas ganas de conto. Contáronnos Un pouco perdido de de Chris Haughton e fixérono de marabilla; encantounos o conto e sobre todo como o contaron, ata fixeron mouchos para repartir ao público! Grazas, contadoras, sodes fantásticas!







Bravo! 

16 de marzo de 2023

Gravando para Radio Voz

Hoxe os axudantes da BBS participaron na gravación dun programa que se emitirá en Radio Voz a semana que vén. Achegáronse ata a nosa escola Antía Díaz Leal, xefa de programas, e Sonia Rodríguez González, xefa de produción e emisións de Radio Voz.  Viñan para coordinar a gravación do programa no que estiveron traballando os axudantes de biblioteca de 5º e 6º, desde a semana pasada. Seleccionaron temas, elaboraron o guión, realizaron entrevistas e hoxe gravaron no noso estudo de radio, coa axuda de José Luis e Sonia. Antía falounos previamente sobre o seu traballo como xornalista de radio e sobre o que era importante ter en conta a hora de elaborar os guións para os programas. 

Iremos informando sobre cando e onde escoitar o programa. Estade atent@s!

Os preparativos:



A gravación:








Equipazo!