Onte retomamos as visitas do proxecto Máis ca leña. Foi un día importante, a aula de 5º realizou a súa primeira visita guiada, despois de meses de traballo sobre os diferentes espazos e recursos que podemos atopar no itinerario de Máis ca leña. Estreáronse co alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro.
Bravo, 5º! Fixéstelo de marabilla! Agora a continuar aprendendo sobre o noso monte para compartilo con máis visitantes que irán chegando a área de Máis ca leña.
Grazas ao Obradoiro de Emprego de Boiro polo seu interese no proxecto e polo apoio aos rapaces e rapazas do Brea Segade que guían as visitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario