31 de marzo de 2022
Preparando o encontro con Andrea Maceiras
O vindeiro luns Andrea Maceiras estará na BBS para falar co alumnado de 5º e 6º sobre a súa obra, especialmente sobre A folla azul, novela que forma parte do itinerario lector de ambos cursos. A folla azul foi o Premio Merlín 2020. Ademais de ler o libro, en 5º e 6º están preparando o encontro con diferentes actividades, unha delas, este tríptico preparatorio da visita.
27 de marzo de 2022
Alén da Rianxeira: A vila das cancións
Vén de publicarse un magnifico artigo de Xermán Hermida sobre o Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo na páxina Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.
Entrade para saber máis sobre a sorte que temos de medrar e vivir rodeados/as desta riqueza cultural, patrimonial e musical e de ter quen fai de mediador/a para que esa riqueza non se perda e perdure ao longo das xeracións.
Grazas polo artigo!
Grazas, unha vez máis, á comunidade e ás persoas concretas que fan posible o Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo.
Grazas, José Luis!
26 de marzo de 2022
24 de marzo de 2022
Encontros Plambe 2021-2022
Mañá asistiremos aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, unha xornada de formación e intercambio de experiencias que sempre agardamos con ganas e que da que sempre volvemos con ideas, reflexións e proxectos que enriquecen o día a día na BBS.
Mochilas Viaxeiras 11
Esta semana comezou a primavera, celebramos o Día da Poesía e saíron de novo as Mochilas Viaxeiras. Xa van quedando menos casas que visitar! Que vos gusten moito!
De viaxe polo Barbaza 10
Temos novas propostas de saídas en familia, recomendacións de lecturas e opinións e debuxos sobre os materiais das Mochilas Viaxeiras. Dá gusto recibir de volta as Mochilas e abrir os Cadernos de Viaxe e o correo da biblio para ver todas as vosas achegas.
Nestas semanas as recomendacións de visitas polo Barbanza lévannos a:
- Corrubedo para ver as ondas do mar desde lonxe.
- Un percorrido polo Araño con paradas no Pazo dos Calotes, o Pozo Bastón e o hórreo do Araño.
- A praia do Vilar.
- A Curota.
Grazas a todos/as polos comentarios e debuxos nos Cadernos de Viaxe e grazas a Álex, Ainara e Icía e ás vosas familias polas imaxes; tomamos boa nota das propostas.
22 de marzo de 2022
Poesía compartida: Xosé Mª Brea Segade
Libriño fixo chegar ás aulas un convite para este Día da Poesía: compartir poemas de Xosé Mª Brea Segade coas familias, preparando agasallos poéticos con algúns dos seus versos. En moitas casas de Taragoña e o Araño léronse poemas de Xosé Mª Brea Segade neste Día da Poesía. 😍
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)