25 de xaneiro de 2018

Oito Mochilas Viaxeiras

Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras! Desta vez foron oito, dúas para as clases de 6º e 4º, as máis numerosas do colexio, asegurando así que chegarán a todas as casas.



23 de xaneiro de 2018

Pulga e xigante

Alba, Nerea e Noemí foron as primeiras contadoras do 2018.
Retomamos hoxe os contos no recreo cunha historia que nos fixo rir a todo@s, contador@s incluídas: Pulga e xigante de Serenella Quarello e Maurizio A.C. Quarello. Unha boa escolla para comezar un novo trimestre de contos compartidos.

Anunciando o conto na entrada




Moi ben, contadoras!

6ª viaxe das Mochilas Viaxeiras

Xa están de volta as Mochilas Viaxeiras, preparadas para saír de novo mañá. Así de ben estiveron nas casas de Paula, Lola e Alba. Graciñas!





21 de xaneiro de 2018

Lecturas compartidas

Comezaron as "Lecturas compartidas" na Hora de Ler. Os axudantes de 6º leron cos nenos e nenas de 1º e 2º. As imaxes dinno todo! 😄

20 de xaneiro de 2018

Charles Chaplin nas seccións bilingües

As Seccións Bilingües continúan traballando sobre cine. Nesta ocasión despois de ver algúns fragmentos de cine mudo e descubrir os seus principais representantes, elaboraron estes títeres de Charles Chaplin nas clases de Plástica de 2º e 4º.







10 de xaneiro de 2018

Mochilas Viaxeiras no 2018

As Mochilas Viaxeiras viñeron de volta do Nadal e xa volveron poñerse en marcha, non teñen parada!

No Nadal con Xiana

Primeiras Mochilas Viaxeiras do 2018

9 de xaneiro de 2018

De volta!

Estamos de volta, retomando proxectos, actividades, propostas, lecturas... no 2018.
Sorteo das Mochilas Viaxeiras