Na aula de Quinto, entre as actividades do PDI De viaxe!, estiveron traballando sobre xeografía e elaboraron maquetas nas que representan elementos do relevo de costa e de interior. Cada grupo presentou a súa maqueta, que agora están expostas na entrada do cole.
Penúltima saída das Mochilas Viaxeiras! Só en tres clases quedan compañeiros e compañeiras agardando para levar as Mochilas ás súas casas. Xa queda menos!
Neste trimestre todas as clases estiveron lendo e traballando sobre obras do escritor Pere Tobaruela. A vindeira semana teremos un encontro con el, así que estamos rematando os traballos ao redor da súa obra.
Hoxe, para voltar con ganas despois da ponte, tivemos un concerto didáctico de música jazz no colexio. Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz, explicáronnos como naceu e evolucionou o jazz, usando diferentes temas musicais como mostra do que nos ían contando. Este concerto forma parte das actividades que se van desenvolver en Rianxo ao redor do festival Noites de Jazz, que se celebrará nos primeiros días de agosto. Un luxo poder escoitar a estes tres grandes músicos de jazz no noso colexio e comezar a entender e a gozar con este xénero musical, que tamén é para nenos e nenas.
Grazas, Alfredo, Carlos e Pachi!
Grazas ao Concello de Rianxo e á Escola de Música de Rianxo!
As Mochilas Viaxeiras tamén voltaron despois da ponte das Letras Galegas e trouxéronnos novas recomendacións de lugares no Barbanza para visitar en familia.
- A lagoa de Carregal.
- A aldea maldita de Abuín.
- O miradoiro da Curota.
- O castro Barbudo.
- O faro de Corrubedo.
Grazas a tod@s polas vosas achegas nos Cadernos de Viaxe; grazas Mateo, Alejandro e as vosas familias polas fotos.
Xa imos tendo un mapa ben completiño de visitas imprecindibles no Barbanza.
O pasado venres celebramos as Letras Galegas no colexio. Foi unha mañá chea de luz, flores, poesía, música e tradición. O equipo de Dinamización Lingüística organizou a celebración na que conmemoramos os maios e as Letras.
Despois da merenda tivemos un obradoiro de colares de flores para confeccionar o maio. No festival cada clase recitou un poema de Florencio Delgado Gurriarán e interpretou un tema preparado na Aula de Música. Rematamos o festival confeccionando o noso maio e interpretando tod@s xuntos Ei ven maio.
Os rapaces e rapazas de Sexto foron os encargados de repartir a merenda e os condutores do festival. Grazas, Sexto! Fixéstelo de marabilla!
Parabéns a tod@s polo traballo que fixestes para esta celebración e polo ben que cantastes, recitastes e celebrastes as nosas Letras.