A aula de 3º segue a viaxar polo mundo da arte. Na súa segunda parada descubriron a obra de Edvuard Munch. Compartiron o seu traballo na entrada do cole. Moi bo traballo 3º! Seguide viaxando e compartindo 😍, así aprendemos todos/as.
Amosando publicacións coa etiqueta investigamos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta investigamos b>. Amosar todas as publicacións
27 de xaneiro de 2023
24 de novembro de 2022
Escritores e escritoras
En Sexto están a investigar sobre os autores e autoras dalgúns dos libros que levan en préstamo cada semana e despois comparten o que descubriron co resto da clase. Aproveitan para recomendar algunhas das súas lecturas favoritas ou para explicar porque algunhas non lles gustaron.
23 de xuño de 2022
Grandes viaxeiros e viaxeiras
A aula de 5º investigou sobre grandes viaxeiros e viaxeiras das súas familias, persoas que, por diferentes motivos, visitaron ou viviron en diferentes países do mundo. Houbo moitas sorpresas, recolleron moita información que descoñecían, mesmo de familiares moi próximos. Confirmaron ese dito de que: "en calquera lugar do mundo podes atopar un galego ou unha galega". Finalmente elaboraron libros con lapelas sobre os seus grandes viaxeiros e viaxeiras, que presentaron aos compaleiros/as e expuxeron na entrada da BBS.
No blog de 5º tedes información sobre cada un dos grandes viaxeiros e viaxeiras.
Moi ben, rapaces e rapazas de 5º!
14 de xaneiro de 2022
Continuamos de viaxe
Co novo trimestre retomamos o traballo sobre o PDI deste curso. En 3º están recollendo as súas viaxes pola Península Ibérica nun mapa que teñen no corredor e en 5º están a investigar sobre os lugares nos que estiveron ou están traballando ou vivindo familiares seus. Estaremos atent@s aos seus proxectos!
6 de decembro de 2021
De viaxe! Mapas, planos e atlas
Na aula de 5º tamén están adentrándose no proxecto deste curso. Eles decidiron afondar no coñecementos das diferentes formas de representación do noso planeta: coordenadas, mapas, planos, globos terráqueos, atlas... E na biblio teñen abondosa información sobre o tema.
Así recolleno no blog de 5º.
31 de outubro de 2021
2º de viaxe
Na aula de 2º xa comezaron a traballar co Proxecto Documental Integrado deste curso. Aquí os tedes poñéndose ao día cos preparativos para comezar calquera viaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















