Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións

16 de novembro de 2023

O monstro e a nena

 Xa desde a semana pasada Anta e Aitana estiveron moi atarefadas na biblio e ata na casa. Prepararon con moito agarimo o conto que nos contaron esta semana nos contacontos do recreo da BBS. O monstro e a nena de Sergio Costas Chaos e Jorge J. Costas. 


E chegou o día!
Anunciando o conto na entrada do cole

Descubrimos que temos dúas novas grandes contadoras no cole. Que ben o fixeron! E como nos gustou o conto que escolleron! Unha historia de monstros, pero moi diferente de todas as que poidades coñecer. Buscádea na biblioteca, vaivos gustar. 




E aínda tiñan unha sorpresa para rematar.




Grazas!!

Bravo, contadoras!

8 de marzo de 2023

Non a todas as nenas lles gusta o rosa

Xoana, Daniela e Manuel contáronnos hoxe, Non a todas as nenas lles gusta o rosa de David Pintor. Fantástica escolla para o 8M, romper cos estereotipos desde a infancia e con moito humor. Encantounos!





Bravo!!

22 de xaneiro de 2023

El abrazo mágico

 


Leire, Xoana, Vera e Carlota foron as contadoras do contacontos do recreo do mércores pasado. Déronnos a receita para os días de mal humor, de enfados, de tristeza... Que xa sabemos que ás veces aparecen eses días aínda que non queiramos.  Contaron "El abrazo mágico" de Fifi Kuo, remataron cun grande abrazo e a todos/as quedounos claro que facer neses días que veñen "do revés". 

Grazas polo conto, polo ben que o interpretastes e polo truco que compartistes con nós. Apertas para tod@s! 😍






Xenial, contadoras!

9 de novembro de 2022

Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa

 

Mércores, día de contacontos na BBS! Pouco a pouco imos volvendo ás rutinas que tanto nos gustaban. 

Hoxe Minia e Candela trouxéronnos unha historia de piratas, de amistade, de igualdade e de respecto: Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa de Susanna Isern e Gómez. 

Gústanos moito esta Daniela Pirata, que está entre as novidades da BBS. 

Estupendas contadoras estas rapazas de Quinto; como botabamos en falta os contacontos! 😍





Bravo, contadoras!

4 de maio de 2022

Presentación A marela ou amarela

Mañá Manu Sobral presenta A marela ou amarela no Auditorio de Rianxo. Sempre damos a benvida a novas publicacións e novos creadores e creadoras, pero nesta ocasión estamos especialmente ledos/as e con moitas ganas de coñecer A vaca marela de Manu Sobral. 😃

21 de xaneiro de 2022

Axudantes e novidades

Esta semana os nosos axudantes estiveron botando unha man selando os novos libros que estamos fichando. Estade atent@s aos andeis de novidades, chegaron novas lecturas, algunhas delas propostas por vós. Queredes ser os primeiros/as en lelas?🙋

8 de xuño de 2021

El ratón de biblioteca

Unha das novidades da BBS é o manga “El ratón de biblioteca” de Miya Kazuki. Trata sobre unha muller de 20 anos, que tras un accidente, pidelle a deus que a reencarne nunha rapaza que poida ler moitos libros, pero se  reencarna nunha rapaza de 5 anos enfermiza, pobre, e, aínda por riba, nunha época onde os poucos libros que existen, só os poden ler os nobres. Nesta serie de libros, veremos como Myne, a protagonista, vai evolucionando e cada vez está máis cerca de conseguir ler un libro. A min gustoume moito, recoméndoo porque a medida que o vas lendo, vaste enganchando. 

Nerea, 6º.

 

Na BBS temos os seis primeiros títulos da serie, de momento... 😉

Buscádeos na sección de banda deseñada a ver que vos parecen.

Grazas pola recomendación, Nerea!

18 de febreiro de 2020

Até as princesas soltan peidos

Hoxe foron risas nos recreos lectores da BBS. Irene, Noa e Carla falaron de princesas e de peidos. E non hai nada coma falar de peidos para que botemos risas 😉 
Até as princesas soltan peidos de Ilan Brenman é unha historia moi divertida na que o pai de Laura abre o libro secreto das princesas e cóntalle á súa filla algo que ninguén sabía... Agora nós tamén sabemos ese grande segredo que a xente descoñece. Se non viñestes escoitar a Carla, Irene e Noa, as fantasticas que debutaron hoxe coma contadoras na BBS, non deixedes de buscar o libro na biblio, paga a pena.





Bravo contadoras! 👏👏👏

4 de febreiro de 2020

Quero peixe!

Hoxe no recreo tod@s queriamos peixe 😃
Noa, Nerea, Rita e Lucía conseguiron que nos metésemos na historia e que nos desesperásemos coa pobre Mar, a protagonista de Quero peixe!, que non conseguía facerse entender pola súa nai e o seu pai.  
Quero peixe! é unha das novidades da BBS, un conto da escritora e ilustradora islandesa Áslaug Jónsdóttir, que Noa, Rita, Nerea e Lucía dramatizaron para nós. A historia é moi divertida e elas catro, coas súas interpretacións, conseguiron que aínda o fora máis. 
Parabéns, contadoras, e grazas polo esforzo e a imaxinación para dramatizar o conto e preparar todos os accesorios que empregastes. 😍





Bravo!