Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas abertas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas abertas. Amosar todas as publicacións

13 de abril de 2021

Abril: Na BBS tod@s contamos

 

Quen nos ía dicir que en abril do 2021 volveriamos a pedir colaboración virtual para os contacontos do recreo? Oxalá puideramos compartir contos coas familias na BBS, pero mentres chega o día, seguiremos convidándovos a colaborar con nós desde as casas e a gozar da lectura en familia. Animádevos!

13 de xaneiro de 2021

Recreos na BBS

A biblio xa de novo funcionado a tope: recreos por clases, axudantes, radio BBS en directo... Estamos confinados perimetralmente, pero seguimos moi activos/as 😉









10 de xaneiro de 2021

De volta!

Estamos de volta! Comezamos en venres, así que foron os de 1º de Primaria os que fixeron a primeira visita do 2021 á BBS.

18 de outubro de 2020

Xeografías lectoras na biblioteca escolar

Estamos en outubro, mes das bibliotecas e o vindeiro sábado 24 celebraremos o Día da Biblioteca. Na BBS imos ter unha semana especial, na que falaremos da nosa biblioteca, de libros, de escritoras e na que damos a coñecer a campaña da Asesoría de Bibliotecas Escolares para este curso:  

Xeografías Lectoras na biblioteca Escolar


XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros... 

Neste curso tan diferente, no que día a día reinventamos o traballo na escola e nas bibliotecas escolares, a campaña da Asesoría céntrase na lectura, nas súas enormes potencialidades e no seu papel fundamental na aprendizaxe e na formación integral do noso alumnado. Aceptamos, encantadas, a proposta e adentrámonos nas xeografías lectoras, da man do cartel deseñado pola ilutradora Bea Lema.

20 de abril de 2020

Ler fainos únicos e únicas



Como cada 23 de abril, a Asesoría de Biblioteca conmemora o Día do Libro e dos dereitos do autor/a coa edición dun díptico, no que colabora cun texto orixinal, un escritor ou escritora referente da literatura galega. Este ano ese autor é Manuel Gago escritor, xornatista e divulgador da nosa cultura.

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias. Trátase dunha fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.  Pódese coñecer algo máis deste "chasco común"  na ligazón  https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/

Agradecemos á Asesoría de Bibliotecas escolares este díptico, sempre tan fermoso e inspirador  de intervencións desde as nosas bibliotecas. Grazas tamén a Manuel Gago e Harold Iglesias polo seu agasallo ás bibliotecas escolares galegas.

24 de marzo de 2020

Contos contados

Aquí tedes o enlace á canle de televisión da editorial Kalandraka. Durante a corentena están a subir un conto diario, empezaron por algúns ben coñecidos: O coelliño branco, A cebra Camila 😍 Entrade a ver!


http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33