Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

24 de xaneiro de 2023

8 de maio de 2022

Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Achegámonos ao Día das Letras Galegas, no cole celebrarémolo o vindeiro venres, pero xa levamos semanas traballando sobre o escritor homenaxeado este ano: Lorenzo Delgado Guariarán. 

Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra enlazamos, como cada ano, unha páxina cos recursos en rede dispoñibles, que iremos enriquecendo a medida que vaiamos atopando máis materiais interesantes.No menú da man dereita tedes o enlace á páxina, así como as páxinas dos homenaxeados nos últimos anos.

Recomendamos moi especialmente A Primavera das Letras, páxina da Real Academia Galega para o público infantil, con información e actividades. Este ano Ledicia Costas foi a encargada de elaborar a biografía do escritor e Blanca Millán elaborou as ilustracións. É unha marabilla! Deixádevos levar por Ledicia e Blanca para descubrir a vida de Florencio Delgado Gurriarán, paga a pena.

11 de decembro de 2021

Onde foi Barriga Verde?

Estes días temos no colexio unha exposición sobre Barriga Verde, elaborada pola Asociación Cultural Morreu o Demo. Onde foi Barriga Verde? é unha oportunidade única de descubrir ao personaxe máis famoso dos espectáculos de títeres da primeira metade do século XX en Galicia e de entender a súa importancia e os motivos que levaron á súa desaparición. 
 
Grazas á A.C. Morreu o demo por prestarnos a exposición!

15 de novembro de 2021

Monte en mancomún


Retomamos os programas da Radio BBS cun monográfico sobre o monte mancomunado.

O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5º investigou   sobre este sistema de propiedade, aquí tedes o resultado  do seu traballo.


 O monte mancomunado.

17 de maio de 2021

Xela Arias: Letras Galegas 2021

Hoxe é o Día das Nosas Letras! 
Este ano adícanse a unha muller, poeta, tradutora, editora e profesora de ensino secundario: Xela Arias. 
Convidámosvos a escoitar os seus poemas musicados, a ver vídeos sobre a súa vida e a súa obra, a ler os seus poemas e as súas traducións. Tal e como levamos facendo nas aulas nas últimas semanas, entrade na páxina que creamos para Xela e  descubride a súa interesantísima vida e obra. 
Pero sobre todo, convidámosvos a que celebredes o Día das Letras Galegas como facedes cada día do ano: falando galego, vivindo en galego e mergullándovos na nosa cultura desde a tradición oral á produción literaria, audiovisual e musical máis vangardista. 
 
Mil primaveras máis para a nosa lingua! 
 
Feliz Día das Letras Galegas. 
 
 

5 de xuño de 2020

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

No Día Mundial do Medio Ambiente enlazamos unha páxina que nos leva ao fondo da Ría de Vigo da man de dúas mergulladoras afeccionadas que decidiron compartir a súa paixón polos fondos mariños nun proxecto de educación ambiental denominado 13 grados, a temperatura á que adoita estar a auga no fondo da ría de Vigo. Na páxina na que comparten o seu traballo podedes atopar información sobre o fondo mariño e os seus habitantes,vídos, fotos, enlaces con entidades e proxectos de conservación e defensa dos mares... Pensamos que é unha boa proposta para visitar e continuar aprendendo sobre os nosos mares, hoxe e sempre.

16 de maio de 2020

Teatro Airiños: homenaxe a Carvalho Calero

Compartimos a homenaxe do Grupo de Teatro Airiños a Ricardo Carvalho Calero. Especialmente emocionante para nós escoitar a Xesús Santos falando de como coñeceu a Carvalho Calero e de como este descubriu a Xose Mª Brea Segade.
Parabéns, Airiños, polo compromiso coa nosa cultura e polo bo facer, sempre, tamén no virtual. Grazas! 

9 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero

Enlazamos unha páxina con recursos para descubrir e aprender sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.


https://bibliobreasegade.blogspot.com/p/ricardo-carvalho-calero.html

Preme no enlace ou na imaxe para ir á páxina.

10 de abril de 2020

Bravas: científicas e artistas galegas da nosa historia

A proposta de hoxe combina lectura e manualidades. Compartimos Bravas:científicas e artistas galegas da nosa historia un fermoso e necesario traballo de divulgación de 7H Cooperativa Cultural, consistente en dez fichas con información sobre dez mulleres da nosa historia e un recortable para colorear de cada unha delas. Se tedes unha impresora a man animádevos a darlle vida a estas dez mulleres e se non, lede as súas biografías, xa as imprimiremos cando esteamos de volta no cole 😉

 Parabéns e grazas a 7H Cooperativa Cultural por esta inciativa. 


https://mcusercontent.com/853dab8ff7129b96d9b611cfb/files/4875b13e-eb60-43a2-a734-206a68f04ade/BRAVAS_Cient%C3%ADficas_e_artistas_galegas_da_nosa_historia._7H_Cooperativa_Cultural..pdf

14 de abril de 2019

As aventuras de Gale

O venres rematamos o 2º trimestre e quixemos facelo cunha función de teatro, para pechar as actividades que desde finais de marzo organizamos na BBS para  conmemorar o Día do teatro. Tivemos a sorte de que Celtia Figueiras estivera no cole con As aventuras de Gale, adaptación da obra "Historia da Lingua galega, do latin ao acento de Burgos" de Pepe Carreiro. Coñecíamos a Celtia e sabiamos que nos agardaba un bo espectáculo e así foi, Gale engaiolounos a tod@s! É unha obra moi fermosa esteticamente e moi necesaria para aprender e reflexionar sobre o que fomos, o que somos e cara a onde debemos camiñar. Grazas, Narciso e o Consorcio Editorial, por facer posible que Celtia e Gale estiveran no Brea Segade.
Grazas, Celtia, pola túa sensibilidade e o teu bo facer! Encantounos! 






22 de febreiro de 2019

Libre o meu pensamento!


24 de febreiro: Día de Rosalía

Do XIX ao XXI: Rosalía sempre vixente, sempre comprometida coa xustiza social, coa muller, con Galiza. Rosalía sempre viva na súa obra e no seu pensamento, sempre presente, sempre necesaria.