30 de novembro de 2019

Tempo de Nadal, tempo de prosas no Brea Segade

Está a chegar o Nadal e no Brea Segade xa comezamos a prepararnos para cantar as prosas polas aldeas de Taragoña e o Araño. Aquí tedes un titorial elaborado na Aula de Música para que poidades cantalas con nós. Grazas 5º e José Luis por este fantástico titorial!



Neste enlace tedes as letras.

E aquí vai a partitura:

Agora só tedes que practicar seguindo o titorial e acompañarnos na mañá do venres 20 de decembro.

24 de novembro de 2019

25 de novembro en Rianxo

Actos programados en Rianxo para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Animádevos a participar.


20 de novembro de 2019

Rumbo ás vosas casas!

Mañá inician travesía as Mochilas Viaxeiras! Sairán seis, unha por aula e ao longo do curso irán sumándose algunhas máis para chegar a todas as casas dos nenos e nenas do Brea Segade. Dúas semanas para gozar en familia dunha escolma dos fondos da BBS. Agardamos que vos gusten 😃



Boa travesía, Mochilas!

10 de novembro de 2019

Arte nas escaleiras


Así de chulas están as escaleiras do Brea Segade. Tino cubriu un "desconchado" das nosas escaleiras con este fermosísimo mural obra do alumnado do obradoiro de Arte organizado pola ANPA o curso pasado.
Parabéns polo traballo, ao obradoiro de arte e a Tino! Grazas por facer a nosa escola máis acolledora.

9 de novembro de 2019

Rianxo Ciencia 2019



Ciencia en galego en Rianxo, no mes de novembro.

Botádelle unha ollada ao programa e anotádevos.

5 de novembro de 2019

Novembro, mes da ciencia en galego




Un ano máis a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais promoven a celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. A Asesoría de Bibliotecas Escolares pon á nosa disposición diferentes e materiais e recursos para facilitar que os centros poidamos achegarnos á ciencia desde distintos enfoques, con rigor e na nosa lingua.

Manifesto de Alicia Estévez Toranzo
Folleto
Materiais