Moitas grazas, Nerea, Dália e José Luis!
Amosando publicacións coa etiqueta contos na casa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos na casa b>. Amosar todas as publicacións
25 de abril de 2020
Na BBS tod@s contamos: Dália, Nerea e José Luis
Dália, Nerea e José Luis comparten con nós, O principio, de Paula Carballeira, unha marabilla de conto, que elas aínda fan máis fermoso. Quedámonos coa esperanza e a forza que nos transmite esta historia.
24 de abril de 2020
Na BBS tod@s contamos: Laura
Laura e a súa familia cóntannos Avós de Chema Heras e Rosa Osuna. Escolleron un conto precioso que, especialmente nestes días, é unha fermosa homenaxe a todos eses avós e avoas que tanto queremos. Encántanos!
Moitas grazas, Laura e familia!
23 de abril de 2020
Na BBS tod@s contamos: Alexia
Alexia fainos unha recomendación no Día do Libro e comparte con nós un fragmento de Ottoline va al colegio de Chris Riddell.
Moitas grazas, Alexia!
Na BBS tod@s contamos: Alberte
Alberte e a súa familia mandaron outro conto-agasallo para este Día do Libro tan peculiar, pero tan especial, grazas á vosa complicidade e ás vosas achegas. Maruxa, de Eva Mejuto. Como nos gusta!
Moitas grazas, Alberte!
Moncho e a mancha: apadriñamento virtual
Na clase de 5º tiñan saúdade do apadriñamento lector que sempre facemos en abril, así que prepararon, desde as casas, un conto, un agasallo virtual para os nenos e nenas de 1º e 2º. Hoxe, a primeira hora, enviáronllo aos correos das familias. Aquí tedes Moncho e a mancha de Kiko DaSilva nas voces dos nenos e nenas de 5º.
Na BBS tod@s contamos: Claudia
Claudia e a súa familia cóntannos con teatro de monicreques, Maruxa, de Eva Mejuto. Fantástico agasallo para o Día do Libro!
Moitas grazas, Claudia!
22 de abril de 2020
El cuadrado de Mondrian quiere ser cíclope
Violeta Monreal é unha autora que coñecemos ben na BBS, da que temos moitos títulos e que nos gusta especialmente por como escribe e por como ilustra. Dentro das iniciativas que moitas editoriais puxeron en marcha, neste tempo de corentena, para facilitarnos o acceso a libros de balde e en rede, a Editorial Santillana, no seu proxecto Loqueleo en casa, pon a nosa disposición diferentes vídeos con escritores/as lendo fragmentos das súas obras. Hoxe compartimos a Violeta Monreal presentándonos El cuadrado de Mondrian.
Con todos vós, Violeta Monreal: pequenos luxos de confinamento.
20 de abril de 2020
Na BBS tod@s contamos: Tero
Desde Catoira Tero, Nerea e Dália achegan un conto popular que abre, desde as redes e as vosas casas, Na BBS tod@s contamos, deste abril en corentena, do
2020.
2020.
Grazas, Tero!
19 de abril de 2020
18 de abril de 2020
O rato que quería un palacio
Hoxe, compartimos outro dos contacontos do Salón do Libro Virtual, neste caso é O rato que quería un palacio, da fantástica actriz e contadora, Charo Pita. Sentádevos comodamente e gozade do conto.
14 de abril de 2020
O pequeno indio
Hoxe que comezamos o 3º trimestre, escollimos para o noso Abril, mes dos libros a Paco Nogueiras contando O pequeno indio de Ricardo Alcántara e Gusti. Animádevos e facede o indio con Paco Nogueiras 😉
Este é outro dos Contos Contados de Kalandraka TV
Este é outro dos Contos Contados de Kalandraka TV
13 de abril de 2020
Quero saír!
Quero saír! , é un conto de
Nico Ordozgoiti e Cova Díaz traducido ao galego por Héctor Cajaraville. É un conto para quedar na casa, para comprender que ese é o noso superpoder.
Compartímolo hoxe, para recargar forzas e comezar a nosa quinta semana de confinamento cheos/as de optimismo e de enerxía.
Compartímolo hoxe, para recargar forzas e comezar a nosa quinta semana de confinamento cheos/as de optimismo e de enerxía.
12 de abril de 2020
Rata Linda de Compostela
Hoxe é domingo de Pascua e ímolo celebrar cun agasallo especial: Rata Linda de Compostela de Bernardino Graña contado pola nosa amiga Merchi Pimentel.
Grazas, Merchi!
9 de abril de 2020
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Hoxe é festivo e queremos celebralo cunha publicación especial. Para todos vós o espectáculo da Xanela do Maxín A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Fermoso e ben acaído nome para esta compañía da que forma parte Celtia Figueiras, amiga da BBS, onde xa compartiu o seu bo facer en varias ocasións. Moitas grazas por abrir este espectáculo neste tempo no que nos fai tanta falta abrir xanelas e manter aberta a imaxinación e o maxín.
8 de abril de 2020
Eu quedo na casa
Eu quedo na casa é un conto de Ramón D. Veiga e Iván Erre co que pretenden axudarnos a entender e a dixerir o que estamos sentindo estes días de confinamento. Unha iniciativa máis en aberto, para que tod@s poidamos ler nas nosas casas e que nós incorporamos ás propostas de lectura diaria da BBS para Abril, o mes dos libros.
Desde a BBS agradecemos aos autores o conto e a xenerosidade de compartilo con tod@s @s que queiramos, mías que nunca, seguir gozando coa lectura.
Desde a BBS agradecemos aos autores o conto e a xenerosidade de compartilo con tod@s @s que queiramos, mías que nunca, seguir gozando coa lectura.
7 de abril de 2020
A casa máis animada do mundo
Hoxe compartimos un novo título de Baía Edicións, dentro da súa iniciativa Baía con vós na casa. Nesta ocasión está orientado para lectores autónomos, pero polo seu formato e temática pensamos que pode ser de interese para todo tipo de lectores e lectoras. A casa máis animada do mundo de Cristina Sáez Cazalla e Almudena Aparicio é un libro de contos, contados por uns seres moi especiais que viven nunha casa encantada. Casas encantadas, casas animadas, casas como as nosas estes días, cheas de vida e de historias que contar.
Podédelo descargar e ter no voso dispositivo dixital para ir léndoo pouco a pouco ou ler directamente desde a páxina da BBS.
Podédelo descargar e ter no voso dispositivo dixital para ir léndoo pouco a pouco ou ler directamente desde a páxina da BBS.
Boa lectura!
6 de abril de 2020
O dragón comemedos
Baía Edicións, como outras editoriais e creadores galegos/as, puxeron á disposición de tod@s nós unha serie de contos e novelas de balde para facer máis levadeiro este tempo de confinamento. A iniciativa chámase Baía Edicións con vós na casa e achega títulos de literatura infantil e xuvenil para diferentes idades. Desde Baía só piden que
lembremos a empatía dos creadores/as que participan nesta iniciativa e que fagamos un uso responsable destes textos
respectando a súa obra.
Hoxe compartimos O dragón comemedo de RuAn. É unha proposta para os primeiros lectores, que de seguro nos ha gustar a tod@s.
Desde a BBS queremos agradecer a Baia Edicións e aos creadores e creadoras cos que colaboran esta iniciativa que tan ben nos vén nestes días de contos e lecturas na casa. Grazas!
Hoxe compartimos O dragón comemedo de RuAn. É unha proposta para os primeiros lectores, que de seguro nos ha gustar a tod@s.
Desde a BBS queremos agradecer a Baia Edicións e aos creadores e creadoras cos que colaboran esta iniciativa que tan ben nos vén nestes días de contos e lecturas na casa. Grazas!
24 de marzo de 2020
Contos contados
Aquí tedes o enlace á canle de televisión da editorial Kalandraka. Durante a corentena están a subir un conto diario, empezaron por algúns ben coñecidos: O coelliño branco, A cebra Camila 😍 Entrade a ver!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












