27 de decembro de 2019

Nadal no Brea Segade

A mañá comezou cos obradoiros.












Despois de tanto traballo repuxemos forzas con chocolate e doces grazas ás nais e pais da ANPA.


Equipazo!!




Grazas a ANPA do Brea Segade!

Prosas do Nadal no Brea Segade

Un ano máis a Aula de Música preparou as prosas do Nadal para cantar nas aldeas das parroquias do Araño e Taragoña. O venres 20 chovía, como levaba facendo durante practicamente todo o outono, así que os actos do Nadal celebráronse na escola. Compartimos aquí as prosas de Reis recollidas en Taragoña e Ourille a María Tubío e Rosa Quintáns. Emociona escoitalas nas voces dos nenos e nenas do cole e facelo acompañadas por familias e veciños/as.
Boas festas a todos/as e próspero 2020!

Xornal BBS 18

Aquí tedes o número 18 do Xornal BBS. E xa van 18!

https://drive.google.com/file/d/1n4yXYr8ibmdd1kPSut_1ulUL2iiq7-0R/view?usp=sharing

24 de decembro de 2019

Axudantes BBS 2019-2020

Xa temos ao noso grupo de axudantes de biblioteca listos/as para comezar a funcionar á volta do Nadal.
Equipazo!

Nadarín

Ao longo da última semana do trimestre comezamos coa Formación de Usuarios e Usuarias da BBS. Todas as clases coas súas titoras achegáronse á biblioteca e realizaron actividades relacionadas cos fondos e a súa organización, as normas, os espazos, a CDU... Foi unha primeira toma de contacto que continuará á volta do Nadal. 
Como xa é tradición na BBS, a primeira sesión de formación de usuarios/as comeza cun conto relacionado co noso PDI e neste caso tamén relacionado coa transformación e reapertura da nosa biblioteca. 


Nadarín, de Leo Lionni, presidiu a BBS esta semana. Gústanos pensar que os valores desta historia van presidir tamén o traballo e o proxecto da biblioteca. Queremos ser ese peixe xigante, feito coa participación de nenos/as, profes, familias, veciños/as e amigos/as da BBS..., que pode con todo e que nada nas augas claras cara á aprendizaxe creativa, ao coñecemento e á cultura. Nademos xunt@s! 😃

Primeiro na BBS

Era o seu primeiro día como usuarios e usuarias da BBS. Impresionante! Que rápido aprenderon normas, funcionamento da táboa, organización dos espazos e... como vai a Radio BBS. Mirade que ben o pasamos!








Segundo na BBS

Segundo lembrou normas, descubriu as novidades do Espazo Argalleiro e fixo probas na Radio BBS. Temos unha fornada de locutores e locutoras de radio de primeira! 😍







Terceiro na BBS

Terceiro xogou coa CDU Ilustrada, buscando e atopando os autobuses de cores pola biblioteca e escollendo libros das diferentes seccións. Bo traballo, Terceiro!






Cuarto na BBS

Espazo Argalleiro con novos recursos, novos ordenadores, novos fondos... Cuarto tamén atopou moito por ver e probar na BBS.